Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 février 2012

TOCOUNOS ATURAR O CUARTO DE HORA DE AMAIUR

Fraga era XXL, en todo. Por iso, cando se puxo a apañar dereita baixo o seu mando unificado, acabou xuntando de máis. O mesmo lle valían democristiáns honrados, empresarios franquistas amargamente destetados, intervencionistas vía igualitarismo falanxista ou socialdemócratas de 8.00 a 15.00. Soamente lles esixiu unha identificación de España co parque de El Retiro como modelo; polo que non incorporou cataláns nin vascos, aínda que asimilou todo canto galego quedara aillado e apatridamente orfo tras a ucedecidio. O seu acerto foi eliminar bandeiríos e situar un exército marchando a paso lixeiro tras a gaivota, algo que no fracasara Franco cando tratou de uniformar a carlistas e camisazulistas con roupas cor doisneau_accordionistPardo. O revoltallo quedoulle bastante mono, tanto como para gobernar o Estado. Fraga errou no axuntémonos todos ao impedir respirar a unha dereita cativa que lle fixese competencia á Gran Dereita: unha marca reafírmase na comparanza con outra peor. Xurdiulle así, nese magma conservador-liberal-católico-rexionalista que pasou de cocción, a figura de Rosa Díez, despois de trinta anos de amosar solvencia para perder eleccións á medida que se presentaba. Tras moitos anos gobernando de xeito contiguo e solidario co nacionalismo, a exsocialista logrou presentarse con aura de virxe prístina. O seu discurso é agrio e antigo, pero ten maquillaxe de portada de Vogue. O de "non somos nin esquerda nin dereita; non somos nin Romeo nin Xulieta" xa llo escoitaramos a José Antonio en feliz mash up con Karina. O que non somos é parvos. Díez preme nas esencias emocionais máis incultas e toscas, nunca na racionalidade, no matiz ou na posibilidade de realizar. O seu discurso está armado sobre dous eixes: España e o castellano, sobre os que vai pivotando en función do que pidan os clientes na barra cada cuarto de hora. Onte foi o cuarto de hora de Amaiur, que xa custou que se subisen ao sistema, como para volver empurralos ao Golfo de Bizkaia. Pero UPyD estaba a outra cousa. En novembro conseguiu un notable respaldo electoral no Madrid máis excluínte, converténdose irrefutablemente nunha forza de peso centrípeto na M-40, aínda que quedara en mesa de braseiro nas nacións históricas. Evidentemente, Díez turra contra Bildu como mañá turrará contra os botóns dourados para homes ou contra as linternas de dinamo manual Quehua. Soamente depende do punto cardinal que indique a brisa. Daquela, toca melodía que queren escoitar os que transitan a rúa. Ela xa recoñeceu a súa fonte de inspiración cando tachaba a Zapatero de taimado, aínda que Díez, asemade, aproveitou para desprezar a todo un país por se acaso o noso sucedáneo de independentismo crecía nese traxe rexional que lle deseñaron para as medras.

Photo: L'Accordeoniste, rue Mouffetard. (Paris, 1951). Robert Doisneau

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité