Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 février 2012

A HEROÍNA DO CAMEMBERT

O DÍA ANTERIOR a que Carla Bruni fose investida primeira dama de Francia como acompañante do seu home no nomeamento de presidente en maio de 2007, Sarkozy recibiu dúas desacougantes saúdas. A primeira era unha desas cibermensaxes que deben de estar gravadas de serie na que unha deses innumerables e incontrastables brigadas de apoio a Al Qaeda en Europa o ameazaba por «sionista». Nada sorprendente. O vencedor das eleccións tomou máis en serio a segunda advertencia: sete encarapuchados con erres moi marcadas no sotaque filmaran un escuro e granuloso vídeo. Falaban alterados dende un espazo sinistro que semellaba unha cova. Identificáronse como Comité Rexional de Acción Vitícola, que daquela acometía actos violentos en Languedoc-Rousillon para protestar polo que os medios chamaron daquela lago de viño, unha concentración de excedentes que non se vendían porque os viños importados estaban rebentando as táboas de prezos no territorio galo.

FROM CAMEMBERT WITH LOVEFrancia toma a súa produción gastronómica con tanta seriedade que De Gaulle chegou a confesar que, nun momento de desánimo, que se sentía «incapaz de gobernar un país con 240 variedades de queixo». Miterrand rexíase por unha visión máis uniformizadora polo que atriubíu ao camembert o peso de símbolo nacional: «O camembert é o que une a Francia».

A parte doutros problemas, como a situación económica xeral, Sarkozy houbo de afrontar á chegada a o Elíseo a reversión na produción de camembert, pois no marzo de 2007, en plena campaña electoral, as dúas compañías que aínda elaboraban este tipo de queixo —Lactalis e Isigny Sainte-Mère— anunciaran que abandonaban pola normativa que regulaba o uso de leite cru. Daquela a familia Besnier retomou a concienta o camembert reclamando a súa condición de ser elo na linaxe que comezara con Marie Harel, a artesá que creara ese queixo en 1791 na vila normanda de Camembert.

Harel obtivo un beneficio pola súa xenerosidade acollendo a un sacerdote da bisbarra de Brie escapado dos revolucionarios. Nunha mañá sen oficio relixioso que atender, aprendeu a Marie a receita do queixo da súa zona. Ela usou un recipente no que facía outro queixo local, o livarot; da mestura naceu o camembert.

O médico norteamericano Joseph Knirim acudiu en 1926 á vilela normanda onde vivira a heroína do queixo, promovéndolle unha estatua. Consegiu que o presidente francés, Alexandre Millerand, acudise á cerimonia outorgando rango de estado ao camembert. Os Besnier acertaron a industrializalo e homoxeneizar o sabor chegando a numerosos países.

Andaba eu pensando nos tetilla, ulloa, cebreiro, friol,... mentres lía que Pierre Boisard, autor de ‘Camembert: un mito nacional’, aseguraba que Marie Harel non vivía en Camembert e que esa receita do queixo levaba un século rodando cando ela naceu.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité