mercredi 29 février 2012

JOSÉ BLANCO CONVIRTE OS CRÍTICOS DO PSdeG EN OFICIAIS E VICEVERSA

Cada oposición ten o goberno que se merece. A nosa merece este goberno que vai camiño de superar a limpeza da folla de servizos de Fernández Albor. Polo de agora, naufragados os bancos, iletrados os barcos, coa industria facendo augas e a cultura coas máquinas a ralentí, semella que chegaremos a outubro sen moito que contar nos mitins. Tanto por falta de logros como por falta de alternativa á que criticar. O Bloque ben sabemos que se vai esfarelando sen que o soberbio absurdo de reclamar actas, a prudencia erma de Nogueira e a falta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 28 février 2012

CAMILO NOGUEIRA É UNHA BRÚXULA

CAMILO NOGUEIRA foi concebido coma unha brúxula. Interiorizou os puntos cardinais coma un precepto relixioso. Daría un bo porteiro porque as súas extremidades son longas e sabe situarse. Cando fala contigo, está observando ao redor, calculando distancias e resistencia de materiais. Nácelle. Tendeu a man a Fraga nun xesto calibrado que os seus percibiron como a Operación Ogro. Homolagaba e homologábase. Agora, o instinto indícalle cara ao Bloque. Non fagas mudanza en tempos de axitación, aconsellaba Ignacio de Loiola. Camilo non... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [4] - Permalien [#]
lundi 27 février 2012

UN PAÍS PRÓSPERO EN CAMAREIROS E ALBANEIS

A MIÑA NAI e máis eu temos unha conversa recurrente nos seus aniversarios. Ela teima en que, cada ano que cumpre, ten un menos que o anterior. Houbo un ano en que fomos da mesma quinta. Agora xa me confundo na resta, pero sospeito que a muller que me concebiu é máis nova ca min. Cando empezou a contarme esa desorde natural, ela non coñecía O curioso caso de Benjamin Button, o conto de Scott Fitzgerald no que un vello vive a súa existencia do revés: rexuvenecendo canda o fluír da vida. A mercaduría de Fitzgerald era esa: unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 26 février 2012

A HEROÍNA DO CAMEMBERT

O DÍA ANTERIOR a que Carla Bruni fose investida primeira dama de Francia como acompañante do seu home no nomeamento de presidente en maio de 2007, Sarkozy recibiu dúas desacougantes saúdas. A primeira era unha desas cibermensaxes que deben de estar gravadas de serie na que unha deses innumerables e incontrastables brigadas de apoio a Al Qaeda en Europa o ameazaba por «sionista». Nada sorprendente. O vencedor das eleccións tomou máis en serio a segunda advertencia: sete encarapuchados con erres moi marcadas no sotaque filmaran un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 25 février 2012

XOSÉ RAMÓN GAYOSO TEN CARA DE EXPRESIDENTE

Xosé Ramón Gayoso sufre o mesmo andacio ca Beiras: púxoselle cara de expresidente sen telo sido. Eses riscos solemnes, tan cargados de aura patrimonial como exentos da oxidación celular, son o único signo de estabilidade emocional ao que pode aferrarse o país por moito que Feijoo albisque loairas no horizonte. Luar é o noso No-Do, o espazo de encontro coas seguridades que nos restan vivas no fondo do corazón para poder manternos firmes sobre ese convencemento enganoso de que o temporal acaba pasando. E pasará, pero desconfiemos de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 24 février 2012

UNS GALOS QUE SE PROGRAMAN

O ÚNICO QUE botaba en falla cando marchei estudar a Santiago eran os ruídos da natureza. Todas as mañás que vivira ata aquel setembro dos 18 anos acordara con berros de galo, ladridos e chíos de paxaros. No barrio, os gatos encargábanse da patrulla e de miañar polas noites. Os grilos adormecíanme de verán. En Compostela, o máis salvaxe que sentía no cuarto da pensión, en San Roque, eran o ruxido fero dos coches termando das ansias no semáforo; o renxer avellentado dos autobuses e as bromas dos nenos entrando no colexio contiguo.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 23 février 2012

RENOS

Esta mañá vestín unha camiseta con caras de renos que me importou a cativa dende Oslo. Son grises e adornados de cornos amarelos. Un deles ri, outro atura un resfriado esmagador; un terceiro está enfadado -semella actitude vital- e un cuarto, soña. Así ata dez estados de ánimo. Puxen esa prenda para facerme unha idea da situación que pode atopar un desempregado en Laponia. Ben sei que estou sobordando a pavuxada de Feito, pero os seus xefes deberían saber que un micrófono é unha arma con un radio de acción demasiado amplo como para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 22 février 2012

TOCOUNOS ATURAR O CUARTO DE HORA DE AMAIUR

Fraga era XXL, en todo. Por iso, cando se puxo a apañar dereita baixo o seu mando unificado, acabou xuntando de máis. O mesmo lle valían democristiáns honrados, empresarios franquistas amargamente destetados, intervencionistas vía igualitarismo falanxista ou socialdemócratas de 8.00 a 15.00. Soamente lles esixiu unha identificación de España co parque de El Retiro como modelo; polo que non incorporou cataláns nin vascos, aínda que asimilou todo canto galego quedara aillado e apatridamente orfo tras a ucedecidio. O seu acerto foi... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 21 février 2012

FRANCO FOR EVER

Franco tiña as mans pequenas e frías. Debe de ser a única parte do seu corpo que me acorda conmiseración. Esas mans o mesmo pintaban unhas tenras paisaxes marroquíes que asinaban con letra de bordadora unha condea a garrote vil ou acariñaban unha exótica xuntanza de netos de seu e borbonciños. Hitler tamén pintaba e teño para min que en Hendaia se loubou en abundancia a Víctor de Grailly e pelaxe desa. Por iso, estou certo de que Franco consentiría a escultura de Eugenio Merino; el, que consentía o palio por extrema frivolidade.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 20 février 2012

DOUS AVENTUREIROS NA PROCURA DUNHA COROA

ÁS VECES leo libros que non me interesan. As novelas de amigos e recomendados non contan. Teño dúas columnas de libros a ler na sala. Cando me chega un deses volumes introdúzoo polo medio do resto e vou deixando que a lei da gravidade cumpra a súa condea e vaia esmagando nel ata que desapareza. É preferible perder coñecidos a perder o tempo. Ás veces leo por motivos profesionais. ‘La soledad de la reina’ (La Esfera de los Libros), de Pilar Eyre, foi o último. O texto da catalá orixinaria do Saviñao está alimentado rexoubas polo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]