jeudi 9 février 2012

#BNG, DE CASA COMÚN A HABITACIÓN CON VISTAS

Os Calvo-Sotelo e os Bustelo adoitan compartir o casa grande familiar de Ribadeo- a Casa de Bengoechea ou Casa de Abaixo- para veranearen. Ao ir medrando o seu número, xeración tras xeración, foron chegando a acordos -favorecidos por negociacións amables e sorteos- para fixaren quendas de uso. Na orixe eran de meses, pero pasaron a ser de quincenas e despois de semanas. Na última década, segundo me contaba unha beneficiaria, adoitaban erguérense sen saber quen e cantos ocupaban as habitacións. O BNG foi funcionando con quendas e... [Lire la suite]

mercredi 8 février 2012

O MILAGRE COMBADO DE DON HONORIO

Don Honorio tiña un perfil atraente; non escribín atractivo, escribín atraente. Aquel cura agochaba un sorriso difícil baixo o aspecto escuro, pero non semellaba perverso. Ao contrario, a estrutura da súa alma transparentaba tan sinxela que nin debía de caberlle un recuncho para perxudicar ao próximo. Supoño que nunca se propuxera o mal porque pouco decidía sobre a súa conduta. Seica era burgalés e fillo de garda civil, que son dous marcadores xenéticos que aflúen cara ao sacerdocio con mansa naturalidade. Acabou destinado en Ribadeo.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mardi 7 février 2012

SCOTT FITZEGARLD DESACELERA GASTOS

  FRANCIS SCOTT Fitzgerald teimou en ser quen non era. Botou unha tempada agobiado polas dimensións do seu pene. Hemingway levouno de xira polos museos para homologalo. Como non o deu convencido, acompañouno a un baño para servirlle de modelo. Acougou, pero deulle a teima de ser rico. «Dende o bacherelato ata a universidade preocupoume que non había de ir a Yale», confesa nun ensaio de Mi ciudad perdida (Zut). Ao tempo que se sente excluído da élite formativa, confesa a envexa do seu amigo Perry, quen «naturalmente, nunca foi á... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
lundi 6 février 2012

CARME CHACÓN PERDEU POLA ORTOGRAFÍA

NON HAI PARÁGRAFO incomprensiblemente denso que non se solucione cun punto e aparte colocado con xeito. Todas as mañás vou correr para incorporar ao instinto o sentido do ritmo co que debo pautar os meus textos. Paul Auster conta en Diario de inverno, non fai novidade, que le os orixinais en voz alta para asegurarse de que teñen o compás preciso, que non é outro que o da vida. Lembra, a maiores, a cuestión de Mandelstan: "Pregúntome cantos pares de sandalias gastou Dante mentres traballaba na Commedia" Agora fai moda a frase curta,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 5 février 2012

A COCIÑA CORTADA POLA METADE

A miña muller sabe que non son ilusionista. Se entra un día en casa e me sorprende cortando unha tixola é probable que esa noite durma engurruñado no sofá. De nada serviría que lle excusase argumentando que ía partir en dous a Historia da Cociña, coma un mesías certeiro e decidido; daquela, posiblemente a emprendese a tixolazos contra a miña cabeza. Así que supoño que Nathan Myhrvold debeu excusarse dun xeito máis convicente cando a súa señora o descubriu aplicando unha rebarbadora nos lombos dunha pota. Contaríalle, imaxino, que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
samedi 4 février 2012

A MAN DE JOYCE

Durmo tan pouco e tan densamente que acordo sentíndome como se me bañase nunha xelatina quente dotada da particular propiedade de erguerme suavemente cara a superficie do colchón. Todos as mañanciñas do ano a miña conciencia ponse en contacto coa vida por volta das sete da mañá. Sería ousado que afirmase, como Hemingway, que vin todos os amenceres da miña vida, pero si vin case que todos dende que hai dez anos naceu Sara. Esta noite, ás catro e pico, foi Antón quen me espertou porque a el o espertara un pesadelo. Sufrín un pesadelo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:10 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : ,
vendredi 3 février 2012

SOMOS 29 NA CASA E ESTAMOS TODOS NO PARO

O FUTURO gusta pouco neste país. Como un descoñecido que se presenta na aldea. Nunca se lle pregunta se se lle ofrece axuda, senón que é requerido para que xustifique a casa de quen se dirixe. Preferimos vivir no pasado, ese vello familiar co que non nos falamos, pero do que coñecemos o código de cada reacción. Os Resentidos volven en maio. O grupo, digo. Escoitaremos outra volta Sector naval. Poderías usala o Telexornal como sintonía de apertura. Non precisan de aggiornamento. «Con o tirabólas somos todos», cantaba Reixa antes de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 2 février 2012

RICARDO VENCEU NO CAUCUS DE AMIO #anBNG

Abondaba con que lesen o Ricardo III de Shakespeare e unha biografía de Adenauer, o presidente que quitou a Alemaña do lameiro postbélico. Non van facelo porque todo o que len os nosos políticos son os dossieres que lles manda memorizar o partido nas escolas de verán e os contidos que lle tiran ao 'egosurfing' cando usan o Google. Lendo a Guillerme Shakespeare, aprenderían que un día pode ser "fermoso e feo" asemade, que unha vitoria é unha marca branca da derrota se se logra por unha marxe breve. Unha gran minoría no Bloque está cun... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [3] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
mercredi 1 février 2012

CELA NO ROCHO, O ESPAÑOL EN DESAHUCIO

Os escritores non conciben que, para aboiaren no manar incensante do tempo, deberían mudar en certeza matemática. Todo o demáis, mesmo Shakespeare, ha ter un final. O fillo de Cela anda protestando polo alzheimer co que se descoida ao seu pai. Nesa relamación dunha acordanza colectiva vanlle o prestixio, a admiración e máis a conta de La Caixa. Cela repousa afastado porque foi un cronista e os cronistas reflicten unha singularidade histórica. “Era un malabarista da palabra”, definiuno García de la Concha dun xeito tan aburrido como se... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]