vendredi 2 mars 2012

PACHI VÁZQUEZ: TI TAMÉN, BLANCO?

A sede central do PSdeG está na rúa Salmón de Lugo, un lugar para remontar o río. Ese vial é ancho e curto, está abeirado por casas vellas e baixas, erguidas en mala arquitectura, e outras recentes, lanzais e poderosas. Un pouco como o partido mesmo. Os socialistas teñen o local nun entrechán nos edificios novos onde José Blanco exerce a real politik. A decisión, xa falaba diso cando escribía antonte para onte, é que a lista oficial que encabeza Pachi Vázquez mude a lista oficiosa, quedando a oficialidade para Elena Espinosa. O que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]