Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 mars 2012

UNHA COCIÑA CON AURA DIVINA

kosher_refrigerator_picklesOS PAIS TEMOS un repertorio de chistes recurrentes. A única graza que se lles pode atopar é a da reiteración tanto dos momentos e lugares nos que se formulan como de que sempre sexan os fillos dun os escoitantes. O meu pai manexábase cun índice de catro ou cinco xogos de palabras que recuperaba un par de veces ao ano. Eu adoito repetir os seus como un xeito de lembralo e mesmo sumei algún da miña colleita. Cada vez que un dos meus fillos pide como sobremesa touciño de ceo, comento que foi preparado por un cociñeiro divino. Non lles fai rir, se ben é certo que nunca lles fixo nin sorrir. Antes, porque eran demasiado cativos para comprendelo, agora porque non lle atopan a graza.

En Galicia estamos bastante afeitos a bendecir os alimentos seguindo o acervo católico, pero aínda lle atopabamos unha brisa de exotismo ás carnecerías musulmanas cando empezaron a abrir en Lugo. Aínda máis alá na sorpresa imos coa comida kosher, a tratada segundo os perceptos xudeus e tratada por un representante cualificado desa crenza.

Andei unha ducia de días por Israel, pero, de quitado o pan, ácimo el, custoume probar comida local porque me movía de hotel en hotel e os clientes deses lugares poden ter unha inmensa curiosidade por coñecer lugares e historias, pero deixan a comida fóra do patrimonio histórico e cultural sen que eu lle atope unha razón. Cando sentan comer queren unha sopa de fideos, un filete con patacas e un touciño de ceo; a mesma aburrida oferta que poden servirse decotío nas súas casas, pero, estando no estranxeiro, antepoñen o recoñecible e a confianza á sorpresa.

Unha década despois, na casa londinense dun chantadino, puiden probar leite kosher, tanto enteiro como desnatado. Cunha ampla candidez, agardaba atoparlle algunha singularidade no sabor ou un brillo especial na tona do vaso, pero nada diso se produciu.

kosherMalia que a miña visión materialista da existencia me limita nestes apartados gastronómicos pareceume moi interesante a proposta que formulou recentemente a concelleira monfortina María Xosé Vega, alentando á produción dun viño kosher na bisbarra como xeito de atraer un turismo informado e que manexa a Visa con soltura, un público dun nivel superior ao que acompañei no meu tour por Israel.

Hai catro anos xa houbera en Monforte unha xornada sobre o contido e o xeito de obter un certificado kosher. A semana pasada os expertos en cociña sefardí Víctor Gloger e Samuel Perea impartiron un cursiño sobre comida sefardí aos hostaleiros monfortinos. O asunto semella andar a saltos, pero andar. Ambos os cociñeiros utilizaron serviron olivas, pan de cristal, cous cous de cabuxo ou falafel de mero nunha elaboración que se singulariza con especias como o cilantro, o anís ou o xenxibre. Pode ser unha proposta emocionante en medio dunha carta

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 534
Publicité