
O PAI DUN AMIGO meu facía viaxes periódicas entre Ribadeo e Madrid con tal cruel acoso da desdita que inevitablemente se lle apuntaba un veciño. O desagradable para el non era que non o aturase -que tamén- senón que, pasado Meira, o acompañante desmaiaba o seu ánimo ata caer nun sono fondo que o botaba a roucar sen misericordia auditiva. O pai do meu amigo acabou tan cheo que mercou un cencerro e atouno ao asideiro que tiña o coche sobre a ventá do copiloto. Na terceira volta, logrou gozar dunha prácida soedade nas viaxes. Algo...
[Lire la suite]