mercredi 7 mars 2012

VARÓN, MAIOR DE IDADE, LUCENSE, NON IMPUTADO

EU SON UN BALBINO. Coma quen di, un ninguén. Son varón, maior de idade, veciño de Lugo e non estou imputado. Nin na Carioca nin na Campión. Son días de coñecer os paseos en helicóptero e estoxos de champaña que nos van reconstruíndo con detalle e profesionalidade os meus compañeiros de El Progreso sen que me dea sacudido o asombro. Pero non ter que pasar un par de veces por semana polos xulgados da Praza de Avilés é unha constatación de que pertenzo a unha clase media moi atoada na medianía. Será o meu reparo a andar de bares, a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]