Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 mars 2012

CASARES SENTADO NUN SILLÓN AZUL

Eudora Welty

Carlos Casares levou o piñeirismo ao ámbito do real. Son coñecedor do seu labor na oposición ao franquismo, pero a etapa que lle seguín con máis frecuencia foi a dos noventa, cando ocupaba variados e importantes cargos. A miña sensación é que toda a dignidade política que exhibira contra a ditadura quedou suavizada pola tapicería do coche oficial. Amoldouse ao fraguismo con comodidade, sen chistar. Unha vez dentro, modernizou o Consello da Cultura Galega convertíndoo en actor importante da sociedade. Soubera tamén erguer as lápidas de mármore que esmagaban Galaxia e encarreirala cara a esa modernidade que goza aínda hoxe en día. Padeceu, iso si, a soberbia de asumir moitas máis dignidades e responsabilidades das que era quen de asumir e iso provocoulles un desenvolmento menor ao seu potencial. Casares serviu ao poder mudando vellos vicios por novas actitudes e serviuse do poder para facer medrar a súa talla cultural e social. Pretendeu volver cadrado o círculo actuando coma un canciller e facéndose ver coma un paisano, e logrouno para unha boa parte da poboación intelectual. A súa obra literaria foi interesante no seu marco. Lembro fragmentariamente Deus sentado nun sillón azul, onde retrataba toda unha xeración. O resto, interesoume pouco porque falaba sobre un mundo e un tempo aos que eu non pertencía. Tampouco conseguiu interesarme posteriormente, algo que si consiguen contemporáneos seus de Estados Unidos. A maiores, percibo que a produción de Casares marchou canda el porque non coñezo o primeiro escritor novo que o cite. O vento será ferido, pero levouno canda el. Se algo queda da súa traxectoria é de ámbito infantil: as galiñas e as laranxas. Como xornalista tiña algo positivo, iso que dicía Mailer de que "un bo periodista é quen de improvisarche dez historias interesantes na barra dun bar". Era inigualable desenvolvendo con plasticidade e humor o contiño que duraba un café cando colaboraba en prensa. Malia os esforzos actuais dalgún medio no que colaborou, esforzouse en ser tan aséptico e tan equidistante, que resultaba intrascendente; e, como consecuencia, non trascendeu.

Photo: Eudora Welty

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité