dimanche 11 mars 2012

GRANDES ESPERANZAS

OS VIÑOS DE CHANTADA son un negocio, pero, sobre todo, unha expectativa. Esta semana conversei con adegueiros de Sabadelle, Nogueira e A Sariña. Todos eles ían avanzando no discurso de futuro que trazaban para as súas marcas e acaban no mesmo centro do rueiro: debemos organizar unha serie de actividades arredor do viño para converter esta zona nun polo turístico. Nada falta: un clima razoablemente agarimoso, unha paisaxe que fascina a cada volta da estrada, un patrimonio artístico lampexador e unha gastronomía aceptable que vai... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]