
HAI UN MONSTRO que respira dentro de cada un de nós. Melvin Maples, o protagonista da última novela de Amélie Nothomb Una forma de vida (Anagrama) púxolle nome feminino e de belas resonancias a ese monstro: Sherezade. Todos temos unha parte (ou varias) de nós que aborrecemos. Normalmente é algo físico e evidente, porque é a primeira información que facemos. Os nenos son bos descubridores de monstros. Non lles escapa un compañeiro repoludo ou menos intelixente; menos, un miope. Os cativos carecen de fronteiras, cando se poñen a...
[Lire la suite]