Os tempos de que o saiban son chegados. Levamos xa tres anos agochándollo e, cando menos os clientes do Cabaret Voltaire, deben ser sabedores: Feijoo está xuntando puntos do Gadis. Iso concede unha base a ese detalle con que nos contou o aforra que te aforrarei do goberno. Cupón a cupón vai enchendo o álbum. Logrou xa o premio de unir os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras e agora vai polo seguinte: o parador nonnato de Muxía. O malo deste espírito esenio tan edificante no campo moral é que Galicia acabará por non poder comprar máis cupóns por falta de ingresos.O premio de que o país medre vai quedar para nunca xamais con esta perspectiva. Non lle vou negar ao presidente a capacidade para administrar e organizar as fichas coas que xoga, pero carece dunha chispa de imaxinación para facerse con algunha que lle dea xogo. Un consello, se se me permite, Feijoo debería tatuarse a constatación de TS Elliot: "a nosa responsabilidade empeza nos soños".
Photo: The tattoo artist (1944) Gene Pelham (American, 1909–2004)