Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 mars 2012

HAI QUEDADA NOS XULGADOS DE LUGO

cadeiras 

Hai quedada diaria nos xulgados de Lugo. Os rapaces esparecen o botellón polo parque que fica enfronte na fin de semana. Os seus pais pagan tiquet da ORA na praza de Avilés porque hai moito que contar. En Lugo manter unha actividade profesional e non declarar é de pobres. O último imputado é o alcalde, José López Orozco. O rexedor ten un papel inmanente na cidade. Agardo o discurso. Imitará a defensa siciliana e intelixente de Pujol cando Banca Catalana. Cuestionan Catalunya! Houbo un tempo remoto en que non nos gobernaba Orozco, pero nin se nos acorda porque ten porte sólido de alcalde, domina un discurso pousado e sensato que arelamos escoitar unha e outra volta nos aniversarios do patrimonio da humanidade ou nas entregas de trofeos de cross. Nunca defrauda. O seu amor pola propia palabra é tanto que desenvolveu unha capacidade sobrehumana para as intervencións como unha alfombra que vai tecendo a medida que desenrola. Dickens debeu coñecelo noutra vida para trazar a personalidade de Samuel Pickwick, un home tan orgulloso do seu espello que mesmo concedía que estaba "sometido a debilidades". "Ser loubado pola humanidade é o que lle daba impulso, a filantropía era a súa compañía de seguros", defíneo o escritor inglés. Con todo, dubido que haxa un lucense, mesmo na bancada de Jaime Castiñeiras, que lle discuta a honradez. Non manexo datos do sumario, soamente anos de observación.

Photo: André Kertész

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité