
HENRY KISSINGER recoñecíase confuso diante de Norman Mailer naquel serán de 1972. O conselleiro de Seguridade Nacional facía por recompoñer o mundo como tapado de Richard Nixon. «Negociar cos rusos é doado: se ti queres cambiar unha coma no acordo, eles pediranche que cambies outra», comentaba, para proseguir: «Os chineses son máis complicados. Tes que razoarlles por que queres poñer a coma», apuntaba. Pero o peor para Kissinger «eran os norvietnamitas, porque cren que os vas enganar mesmo en puntos nos que é imposible que o fagas»....
[Lire la suite]