Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 mars 2012

O SALMÓN DE KIERKEGAARD (O MEU MOTIVO PARA NON FACER FOLGA)

tumblr_kv03szaS5g1qzhl9eo1_1280

A REFORMA laboral paréceme feota, desequilibra a regulación laboral en favor do empregador. Aínda así traballarei o 29M porque discrepo da proposta sindical. A diferenza deles, non acredito en que o latrocinio e a chafallada se poidan circunscribir ás organizacións sindicais: carecemos dun sector da sociedade exento da culpa de ter asaltado o tren do diñeiro cando lle pasou por diante. Os sindicatos son necesarios para que as relacións laborais teñan un marco definido no que se poidan artellar normas a respectar por todos. A alternativa, e os medios de dereita parecen impulsala para gañar en razón, é que o Black Block prenda novamente as rúas. Con todo, non vou secundar a convocatoria porque os sindicatos nos requiren aos asalariados de prensa escrita que nos ausentemos dos nosos postos na véspera da folga. Buscan que, ao día seguinte, informemos. Non me explico o motivo kiekergaardiano polo que se poñen do lado do macbethiano Rajoy. O filósofo danés conta que unha volta se pescou unha cantidade enorme de salmón en Hamburgo. As autoridades, conscientes de que é saudable en tanto non se exceda un no consumo, "ordearon a todos os señores de casa que desen á servidume salmón unha única vez por semana". Os dirixentes sindicais deberían reconsiderar a razón pola que os xornalistas da prensa escrita unha minoría a tratar diferenzadamente. A maiores, deberían facer saber ás gavelas da conmoción que percorren as empresas que o día da folga estamos cumprindo os perversos e desdibuxados servizos mínimos que nos suxeriron a súas cúpulas.

photo: Angel on bicycle (Czechoslovakia, 1967) Josef Koudelka

Publicité
Publicité
Commentaires
F
Ola Jaure, eu non sirvo de proba porque a semana que vén estarei toda ela no paro e os parados non podemos facer folga, como moito manifestarnos e iso é o que farei. De todas maneiras comprendo que che amole o tema da folga avanzada, porque a min tamén xa me ten pasado. Así que na última folga, a que convocou a CIG, tomei unha determinación, a de facela canda todo o mundo, de maneira unilateral (que paradoxo), e pasar da convención absurda de non ir traballar cando ninguén sabe que non vas traballar e ir traballar cando non deberías ir. E non vexas o que me prestou. Fixen o meu diíña de folga e sentinme felizmente pobo traballador, que outra cousa non somos os xornalistas. Apertas!
Répondre
J
Estou completamente a favor da folga. O que non entendo é que os xornalistas de prensa escrita teñamos que facela na véspera porque aos sindicatos lles convén que informemos o día da folga. A que andamos? A protestar ou a lograr repercusión? Se estamos ao segundo, deberían pedir aos periodistas de medios audiovisuais que non fagan folga o 29.
Répondre
X
estimado compañeiro:<br /> <br /> entendo a tua opinion mais entende tí a nosa, a folga e necesaria, senon que? damos-llo todo por ben feito? Coido ca non
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 534
Publicité