Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 mars 2012

UNHA BIOGRAFÍA TRAS A CIRCUNCISIÓN

29Abratwurst (1)

O único que escribe cartas na casa é o Rato Pérez. Dedícalle unhas longas e sarcásticas misivas dezaoitescas, con elevado ánimo autoparódico, ao meu cativo Antón. Mentres nós nos comunicamos polo sistema binario e electrónico, mesmo ao falar dos nosos sentimentos máis agochados, o recadador de dentes perdidos escolle un xeito de comunicación humano. O Rato Pérez válese da súa pata para debuxar trazos de sangue azul sobre un papel branco, que semella desafiándonos simbolicamente. Os teóricos da literatura lamentan que Lovecraft fose tan de Baltimore que non deixaba de dar recibo a unha carta. E cando sentaba a escribir, facíao ao xeito dos cabaleiros, atendendo á corrección estilística e e de delicadeza formal, sen aforrar na metáfora nin no calambur. A correspondencia é un dos incontables xéneros literarios, pero os estudosos desprézano por exiguo. Amélie Nothomb dedica unha metade do seu horario laboral a respostar aos seus interpeladores postais e concíbe esa xeira como a faciana máis importante da súa obra porque dialoga sobre cousas reais , íntimas e dramáticas. As cartas chegan ás veces a ser máis importantes. Saul Bellow, o escritor canadiano  xudeo, deixounos centos de misivas abrindo fiestriñas da súa vida. "Nunca escribín unha autobiografía porque estiven demasiado ocupado dende circuncisión", confesou.

Photo: My last sketch in Germany (1957)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité