Bundesarchiv_Bild_102-13995,_Berlin,_BVG-Streik,_Barrikaden

 

Estimados clientes:

A organización sindical Show Arbeitnehemer vén de comunicarnos que os nosos traballadores -camareiros, porteiros, músicos e bailaríns- acordaron por maioría en asamblea secundar a folga convocada para hoxe en Galicia en protesta pola regulación laboral que pretende aprobar o goberno español. Esa decisión impide ao Cabaret Voltaire atender ao seus clientes como sen dúbida merecen, polo que o local permanecerá pechado dende as 00.01 ata ás 24.00. Esperemos que desculpen as molestias que poidamos ocasionarlles confiándonos á súa completa comprensión de que non lles prestamos servizo por vontade allea a esta xerencia.

Os nosos respectos 

O Cabaret Voltaire de Jaureguizar

 

Photo: Streik barrikaden (Berlin, 1932)