Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 mars 2012

NON HAI LUZ NA MONCLOA

carreira cadelosAlguén debería indicarllo. Eu non son médico, pero semella evidente que Mariano Rajoy ten un problema de vertixe provocado por un fallo no oído interno. Abonda con observalo cando camiña: bota o peito cara adiante, como asomándose a un porvir temido, e tende a achegar as puntas dos pés, como temendo que lle marchen desobedientes cada unha polo seu camiño. Tras a espectacular e emocionante protesta de onte, o presidente español actuou como agardamos de calquera mando intermedio: facendo oído interno xordo aos berros dos millóns de empregados e inem-pregados, e silenciando a vertixe que lle provoca un enfado do seu superior. Rajoy trata de reconducir a súa perplexidade meténdoa como un apartado máis da nómina, pero non comprende a causa de que lle protesten a el cando soamente aplica as indicacións que lle marca Angela Merkel. Eu comprendo a Mariano. Debe ser duro botar o día impostando o liderado, comprobando que a excusa universal -o traballo condicionante do agora ausente Zapatero- cada vez é máis difusa, sabendo que a delegada de Traballo, Fátima Báñez, é unha entelequia de recurso dialéctico breve que nunca exerceu un emprego e que está aí por andaluza. Aínda hai algo peor, Rajoy ignora a súa vertixe e o atoado que ten o oído interno, pero empeza a intuír que carece de discurso e de carreiro para os tres anos de contrato blindado que lle restan. Logo que poida, convocará eleccións para poder gozar do abono a Gol TV. Todo o respaldo que ten son eses remedos da Fox con perruquín al agua e ese pacomarhuenda incapaz de elaborar portadas que non sexan horriblemente bicolores. Santorum, Santorum. Eles centraron o debate de onte no consumo estatal de enerxía. O alcalde de Las Rozas deixou as farolas acesas todo o día, talvez para compensar a falta de luz na Moncloa.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité