samedi 31 mars 2012

A CIDADE POR PSICANALIZAR

O APARELLO está por inventar. Viríanos ben adiantarnos unha década e dispor dunha máquina para interpretar os soños. Consistirá en colocar uns sensores na cabeza da persoa que está soñando para que as imaxes que lle transitan polo cerebro poidan ser reproducidas nunha pantalla de plasma. Sería práctico, por exemplo, para conocer o ámbito onírico dese empresario que teima en ser o campeón dos delincuentes implicando a todo censado maior de 18 anos como presunto malvado grazas á súa maña. O relato que está construíndo día a día é... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 30 mars 2012

NON HAI LUZ NA MONCLOA

Alguén debería indicarllo. Eu non son médico, pero semella evidente que Mariano Rajoy ten un problema de vertixe provocado por un fallo no oído interno. Abonda con observalo cando camiña: bota o peito cara adiante, como asomándose a un porvir temido, e tende a achegar as puntas dos pés, como temendo que lle marchen desobedientes cada unha polo seu camiño. Tras a espectacular e emocionante protesta de onte, o presidente español actuou como agardamos de calquera mando intermedio: facendo oído interno xordo aos berros dos millóns de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 29 mars 2012

O CABARET VOLTAIRE ESTÁ PECHADO POR FOLGA DOS SEUS EMPREGADOS

    Estimados clientes: A organización sindical Show Arbeitnehemer vén de comunicarnos que os nosos traballadores -camareiros, porteiros, músicos e bailaríns- acordaron por maioría en asamblea secundar a folga convocada para hoxe en Galicia en protesta pola regulación laboral que pretende aprobar o goberno español. Esa decisión impide ao Cabaret Voltaire atender ao seus clientes como sen dúbida merecen, polo que o local permanecerá pechado dende as 00.01 ata ás 24.00. Esperemos que desculpen as molestias que poidamos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 28 mars 2012

PÉREZ VARELA FOI O NOSO ARQUÍMEDES

PÉREZ VARELA foi o noso Arquímedes. Dádeme unha chequeira e levantarei a cultura. E logrou o que non conseguira Fraga na súa primeira cea como presidente, empezando 1990. "Que intelectuais temos do noso lado?", preguntoulle aos dous amigos de Ribadeo, figuras de peso relativo na cultura española, aos que convidara. Os inqueridos miráronse perplexos. Aínda balbuciron posibles nomes de persoas que poidan achegarse dende o socialismo ferraziano. Non acertaron, pero Alfredo Conde non tivo miramentos éticos. Un amigo seu, tampouco.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 28 mars 2012

UNHA BIOGRAFÍA TRAS A CIRCUNCISIÓN

O único que escribe cartas na casa é o Rato Pérez. Dedícalle unhas longas e sarcásticas misivas dezaoitescas, con elevado ánimo autoparódico, ao meu cativo Antón. Mentres nós nos comunicamos polo sistema binario e electrónico, mesmo ao falar dos nosos sentimentos máis agochados, o recadador de dentes perdidos escolle un xeito de comunicación humano. O Rato Pérez válese da súa pata para debuxar trazos de sangue azul sobre un papel branco, que semella desafiándonos simbolicamente. Os teóricos da literatura lamentan que Lovecraft fose... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 27 mars 2012

LOVECRAFT, O PAILÁN UNIVERSAL

FORON NOITES de terror insomne, de botar horas deitado agardando a que un deus primitivo e extraterrestre esvarase por baixo da cama e se presentase no medio da habitación. Daquela, na adolescencia contra a fin dos 70 ler a LovecrafT era unha necesidade para calquera candidato a ser o máis moderno da vila. Eu mercara Los mitos de Cthulhu (Alianza) e non me perdoei unha noite sen visitar os desertos e os mares dos que, a volta de calquera páxina, xurdía un enxendro que rachaba con toda mínima norma estética occidental. O que me... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 26 mars 2012

MARINA CASTAÑO E O CAZADOR DE RINOCERONTES

O de Pacocascos-Griñán paréceme fabuloso; que a esquerda española camiñe pola habitación sen sonda pola habitación, caralludo; pero o tremor informativo desta finde publicouno Telva, que vén sendo o Reader's Digest de toda conservadora enganchada no bucle de saia plisada e as escalas harmónicas nos pianos de Paloma O'Shea. Nas súas páxinas, Marina Castaño confésasenos a todas en modo Vera Nabokov, coa primavera agromando en margaridas no xardín e, na mesa, uns cupcakes para compensar a frivolidade do café con xelo. Marina fálanos en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 25 mars 2012

ENTRE O IMPERIO E O SAFARI

TODAS AS MAÑÁS tomo un café Nespresso de pé apoiado no alfeizar do durmitorio representándome o meu xantar e máis a cea, e mesmo me dou proxectadas algunhas imaxes do que pode ser o almorzo do día seguinte. As cantidades sempre as compro en supermercados, pero as calidades requiren un agarimo e cada día dedico máis horas e máis pensamentos a comer ben, que é o maior acto de respecto que pode desenvolver un polo seu corpo e seu propio goce unha vez superados os sufocos adolescentes e as febres de pagar a entrada do piso e máis o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 24 mars 2012

O SALMÓN DE KIERKEGAARD (O MEU MOTIVO PARA NON FACER FOLGA)

A REFORMA laboral paréceme feota, desequilibra a regulación laboral en favor do empregador. Aínda así traballarei o 29M porque discrepo da proposta sindical. A diferenza deles, non acredito en que o latrocinio e a chafallada se poidan circunscribir ás organizacións sindicais: carecemos dun sector da sociedade exento da culpa de ter asaltado o tren do diñeiro cando lle pasou por diante. Os sindicatos son necesarios para que as relacións laborais teñan un marco definido no que se poidan artellar normas a respectar por todos. A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:16 - Commentaires [3] - Permalien [#]
vendredi 23 mars 2012

HENRY KISSINGER ESTÁ DE VOLTA EN GALICIA

HENRY KISSINGER recoñecíase confuso diante de Norman Mailer naquel serán de 1972. O conselleiro de Seguridade Nacional facía por recompoñer o mundo como tapado de Richard Nixon. «Negociar cos rusos é doado: se ti queres cambiar unha coma no acordo, eles pediranche que cambies outra», comentaba, para proseguir: «Os chineses son máis complicados. Tes que razoarlles por que queres poñer a coma», apuntaba. Pero o peor para Kissinger «eran os norvietnamitas, porque cren que os vas enganar mesmo en puntos nos que é imposible que o fagas».... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]