jeudi 22 mars 2012

LOIRAS CON COLETA EN VESPA

A semana que marchou o domingo acudín ao colexio de Riotorto a suceder ao meu compañeiro Pablo Gavín nunha charla sobre prensa. Eu sei que en Riotorto naceu José María Besteiro e non se me escapa que Luís Iglesia tamén é de alí. Ben lembro que en Ribadeo contan que uns dos ricos locais, Andrés Tojal, ten radicada a nacencia ou andaba vendendo teas polas feiras dese lugar, non o lembro con toda a nitidez, pero Riotorto nunca estaba alto na miña lista internacional de cidades fabulosas. Nos primeiros pasos no centro educativo, unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 21 mars 2012

NENOS TRISTEIROS E FELICES

A vedora Isabel Acevedo deduciría que Charles Dickens tiña o ascendente en Xéminis, pero eu aposto a unha personalidade bifronte. Coñecíalle a cara tristeira, a de cativos perdidos en rúas cheas de lixo coas ratas por mascotas. Grazas ao bicentenario do nacemento, amenceume outro Dickens, un escritor retranqueiro ata o sarcasmo. "Un viaxeiro superficial podería criticar o lixo, que é a característica dominante destas rúas, pero para quen a vexa como unha indicación do tráfico e a prosperidade comercial resulta verdadeiramente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 20 mars 2012

AS PRACAS DOURADAS OU GRISES DE TOULOUSE

Camiñando polas rúas cercanas á porta de Branderburgo, en Berlín, atópanse nas beirarrúas unhas pracas cativas coa cor limón vello, coma se fosen as baldosas que alumaba Michael Jackson cos pasos na ridícula serie B de Thriller. Parecen tesouros porque transfiren brillo aos nomes que están inscritos na súa pel dourada. Porto, o meu anfitrión, informoume do sentido tráxico daquelas mensaxes: os nomes corresponden con persoas -vellos, pícaros, dentistas que coidaban de que outros puidesen mastigar,...- que residían en edificios... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:23 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 19 mars 2012

RAJOY SABERÁ DOMINAR OS SEUS IMPULSOS GALEGOS

Mariano Rajoy ten bastante desenvolvida a capacidade para expresar unha idea e a contraria dun mes para outro sen que, aínda, se decate a platea. Nese campo de falar sen inclinarse por arre nin por so o master and commander é Fernando Ónega. Resulta unha delicia escoitalo no manexo excelso do sofisma. Rajoy móvese en estadios inferiores da oratoria vacua, polo que abusa da fórmula "non son partidario". Cadra a expresión coa do chiste que contaba o meu pai. Un home escaso en verbalización ía escoitar misa. A muller, exasperada polo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 18 mars 2012

SABORES FORTES E CLAROS

EMILIA PARDO BAZÁN debeu de nacer setemesina porque sempre andaba co reloxo vital apresado. En 1892 fundou a Biblioteca de la Mujer, que pretendía achegar as novelas e ensaios que circulaban pola Europa da altura á intelixencia feminina española tanto pola banda da actualidade como pola do feminismo. A colección cesou de publicarse na novena entrega porque non se vendía. Para compensar ao editor de tan avanzada e ruinosa iniciativa, meteuse a facer un inventario dobre de receitas: ‘La cocina española antigua’ e ‘La cocina... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 17 mars 2012

A CIDADE DA CULTURA CHEIRA A PÓLVORA DE NOVO

As astracanadas que escoitei sobre a Cidade da Cultura son tan numerosas e estravagantes que non deberían sorprenderme, pero aínda dan feita a súa xeira de abriarme. Un novelista propoñíame chantarlle dinamita na base, coma se se tratase de abrir as fauces do encoro de Grandas de Salime. Expoñía a súa fantasía taimada con furia cargada nos ollos e sobredose no ph da acidez na saliva que lle saltaba. Representeimo como un piquete de penacho sioux bruñindo torcas para guindalas contra un autobús de Raúl López na AP-9 en modo A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 16 mars 2012

ESPERANDO A FEIJOO

EN GALICIA TEMOS a resposta para o noso variado surtido de problemas como país. A situación vainos a todos máis ou menos mal con tendencia a empeorar. As endorfinas do optimismo foron desgatándosenos coa reiterada promesa de que o ano vindeiro a situación melloraría, pero o ano vindeiro chegou e volveu chegar. Ao cabo, acomodámonos ao Ibex 35 como se fose unha febre alta a erradicar con Eferalgán e doce horas de cama. Todo o que conseguimos consolidar neste trienio é a infalibilidade matemática de que todo ten a súa orixe na crise... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 15 mars 2012

HAI QUEDADA NOS XULGADOS DE LUGO

  Hai quedada diaria nos xulgados de Lugo. Os rapaces esparecen o botellón polo parque que fica enfronte na fin de semana. Os seus pais pagan tiquet da ORA na praza de Avilés porque hai moito que contar. En Lugo manter unha actividade profesional e non declarar é de pobres. O último imputado é o alcalde, José López Orozco. O rexedor ten un papel inmanente na cidade. Agardo o discurso. Imitará a defensa siciliana e intelixente de Pujol cando Banca Catalana. Cuestionan Catalunya! Houbo un tempo remoto en que non nos gobernaba... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 14 mars 2012

OS CUPÓNS DE SUPERMERCADO QUE ANDA XUNTANDO FEIJOO

Os tempos de que o saiban son chegados. Levamos xa tres anos agochándollo e, cando menos os clientes do Cabaret Voltaire, deben ser sabedores: Feijoo está xuntando puntos do Gadis. Iso concede unha base a ese detalle con que nos contou o aforra que te aforrarei do goberno. Cupón a cupón vai enchendo o álbum. Logrou xa o premio de unir os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras e agora vai polo seguinte: o parador nonnato de Muxía. O malo deste espírito esenio tan edificante no campo moral é que Galicia acabará por non poder comprar máis... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 13 mars 2012

O SEÑOR DOS CARAMELOS MARCHOU CON ELENA ESPINOSA

Este non é país para indianos. Cando volve a casa O Triunfos despregamos o repertorio de agarimos, conscientes de que logo vai marchar. Nuns días retomaremos a miseria cotiá. Leopoldo Calvo-Sotelo, que foi presidente do goberno español, armara ligazóns sentimentais con Ribadeo, unha vila na que mesmo vivira uns anos. Aproveitou os orzamentos xerais para achegar unha batería de melloras ao entorno ribadense, mesmo tendeu unha ponte costosísima de beira a beira da ría da que, a posteriori, foi nomeado marqués. Chegaron as eleccións,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]