lundi 12 mars 2012

A DOMADORA DE MONSTROS

HAI UN MONSTRO que respira dentro de cada un de nós. Melvin Maples, o protagonista da última novela de Amélie Nothomb —‘Una forma de vida’ (Anagrama)— púxolle nome feminino e de belas resonancias a ese monstro: Sherezade. Todos temos unha parte (ou varias) de nós que aborrecemos. Normalmente é algo físico e evidente, porque é a primeira información que facemos. Os nenos son bos descubridores de monstros. Non lles escapa un compañeiro repoludo ou menos intelixente; menos, un miope. Os cativos carecen de fronteiras, cando se poñen a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 11 mars 2012

GRANDES ESPERANZAS

OS VIÑOS DE CHANTADA son un negocio, pero, sobre todo, unha expectativa. Esta semana conversei con adegueiros de Sabadelle, Nogueira e A Sariña. Todos eles ían avanzando no discurso de futuro que trazaban para as súas marcas e acaban no mesmo centro do rueiro: debemos organizar unha serie de actividades arredor do viño para converter esta zona nun polo turístico. Nada falta: un clima razoablemente agarimoso, unha paisaxe que fascina a cada volta da estrada, un patrimonio artístico lampexador e unha gastronomía aceptable que vai... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 10 mars 2012

CASARES SENTADO NUN SILLÓN AZUL

Carlos Casares levou o piñeirismo ao ámbito do real. Son coñecedor do seu labor na oposición ao franquismo, pero a etapa que lle seguín con máis frecuencia foi a dos noventa, cando ocupaba variados e importantes cargos. A miña sensación é que toda a dignidade política que exhibira contra a ditadura quedou suavizada pola tapicería do coche oficial. Amoldouse ao fraguismo con comodidade, sen chistar. Unha vez dentro, modernizou o Consello da Cultura Galega convertíndoo en actor importante da sociedade. Soubera tamén erguer as lápidas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 9 mars 2012

HERTA BAÑÁBASE NO BÁLTICO

O RÉXIME ANTERIOR non foi so algo que existise en España. En Alemaña do Leste tamén tiveron réxime anterior. Como circunloquio dá vergoña allea, pero debe achegar paz de espírito aos que usan ese termo. Herta, que vivía nunha zona rural e arraiana entre a Xermania demócrata e a comunista, asistiu con espanto a que lle erguesen un valado de tres metros entre a súa granxa e o lago no que se bañaba. As autoridades da RDA fixeran un exame moral e decidiran que uns metros máis alá aniñaba o capitalismo corrutor. No verán debía coller as... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 8 mars 2012

A LIÑA MASON-DIXON DE CABALLERO-JOSÉ BLANCO

Abel Caballero e José Blanco dánse un aire con Charles Mason e Jeremiah Dixon, un melancólico astrónomo e un audaz topógrafo que lindaron catro estados dos USA no século XVIII. Caballero e Blanco trazaron unha alianza que cruza o país para armar novamente o socialismo. Galicia é incapaz de organizarse de xeito global, nin sequera por territorios. O que funciona son paralelos e meridianos: o Camiño de Santiago, a AP-9, o Celta-Deportivo, e agora a Liña Mason-Dixon que reviven os dous exministros, que debuxaron o seu acordo con trazas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 7 mars 2012

VARÓN, MAIOR DE IDADE, LUCENSE, NON IMPUTADO

EU SON UN BALBINO. Coma quen di, un ninguén. Son varón, maior de idade, veciño de Lugo e non estou imputado. Nin na Carioca nin na Campión. Son días de coñecer os paseos en helicóptero e estoxos de champaña que nos van reconstruíndo con detalle e profesionalidade os meus compañeiros de El Progreso sen que me dea sacudido o asombro. Pero non ter que pasar un par de veces por semana polos xulgados da Praza de Avilés é unha constatación de que pertenzo a unha clase media moi atoada na medianía. Será o meu reparo a andar de bares, a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 6 mars 2012

UN CENCERRO COLOCADO AXEITADAMENTE

O PAI DUN AMIGO meu facía viaxes periódicas entre Ribadeo e Madrid con tal cruel acoso da desdita que inevitablemente se lle apuntaba un veciño. O desagradable para el non era que non o aturase -que tamén- senón que, pasado Meira, o acompañante desmaiaba o seu ánimo ata caer nun sono fondo que o botaba a roucar sen misericordia auditiva. O pai do meu amigo acabou tan cheo que mercou un cencerro e atouno ao asideiro que tiña o coche sobre a ventá do copiloto. Na terceira volta, logrou gozar dunha prácida soedade nas viaxes. Algo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 5 mars 2012

UNHA VODA BISIESTA

OS MEUS sogros cumpriron o décimo aniversario de casados o pasado 29 de febreiro, malia que celebraron a voda hai corenta anos. Disque todo banquete nupcial ten os seus langostinos e o seu dúo de organista e cantante, polo que eles deberon buscar que o seu día especial fose intensamente especial. Cando menos é especial cada ano bisiesto. Na miña voda convidamos a once persoas para sumar trece, pero foi esperable porque se cantaron varios volumes de folklore cantábrico e cortamos a tarta a dúas mans xunguidas nun único coitelo. Tras as... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:32 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 4 mars 2012

UNHA COCIÑA CON AURA DIVINA

OS PAIS TEMOS un repertorio de chistes recurrentes. A única graza que se lles pode atopar é a da reiteración tanto dos momentos e lugares nos que se formulan como de que sempre sexan os fillos dun os escoitantes. O meu pai manexábase cun índice de catro ou cinco xogos de palabras que recuperaba un par de veces ao ano. Eu adoito repetir os seus como un xeito de lembralo e mesmo sumei algún da miña colleita. Cada vez que un dos meus fillos pide como sobremesa touciño de ceo, comento que foi preparado por un cociñeiro divino. Non... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 3 mars 2012

O AFTERSHAVE DE PACHI VÁZQUEZ

  Algúns estómagos teñen unhas elasticidade especial. Grazas a esa cualidade, resisten mellor as contracións. Onte vin aparecer a Pachi Vázquez nun acto en Lugo. Unha nube de xornalistas voou onda el para preguntarlle por Elena Espinosa. Escoitar aos políticos co micrófono aberto é aburrido, case que podes escribirlles o discurso porque vas ser máis orixinal ca moitos xefes de prensa. Por iso non atendín ao que falaba: algo sobre "ilusionado", algo sobre "compañeiros e compañeiros poden presentarse". Dei por suposto que falaba... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]