vendredi 2 mars 2012

PACHI VÁZQUEZ: TI TAMÉN, BLANCO?

A sede central do PSdeG está na rúa Salmón de Lugo, un lugar para remontar o río. Ese vial é ancho e curto, está abeirado por casas vellas e baixas, erguidas en mala arquitectura, e outras recentes, lanzais e poderosas. Un pouco como o partido mesmo. Os socialistas teñen o local nun entrechán nos edificios novos onde José Blanco exerce a real politik. A decisión, xa falaba diso cando escribía antonte para onte, é que a lista oficial que encabeza Pachi Vázquez mude a lista oficiosa, quedando a oficialidade para Elena Espinosa. O que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 1 mars 2012

A EMPATÍA MIDE UN PALMO

O principio do relato semella un chiste deses que se contan na última volta do camiño dunha noite de troula. Logo vira en redondo. A chanza vai da puta alta e a puta baixa. A categoría moral do asunto é que foi real. Hai uns anos asistín no cemiterio lucense de San Froilán ao enterro de dúas prostitutas suramericanas que morreran intoxicadas pola combustión errada dunha caldeira. Unha morte doce que lle chaman, como se houbese morte de sabores. Os asistentes ao sepelio apenaban da muller alta porque "tiña boa planta e gañaba moitos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]