Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 avril 2012

OS SABIOS HEROICOS

camus

OS FRANCESES fachedean da mellor selección estatal de pensadores e non sen motivo: Finkielkraut, Gluksmann, Lévy, Onfray, Gallo, Todd,... Coidan deles coma se coida en España a Messi ou Cristiano, unha mostra das inquedanzas de cada sociedade. Malia esa fascinación polas súas mentes capaces de afondar máis, pérdelles a fascinación polo heroe, pola Xoana de Arco, polo Asterix e Obelix,... mesmo polo seu Sarkozy, que, a falta de xestión, ten unha virilidad que supera con moito a súa estatura incompleta. Sarko podería desmentir as enquisas a nada que se presente coa Bruni no Baile da Rosa da cardiogarquía de Mónaco e voe ata un país africano —que soamente visitou Tintín— para liberar unha parella de reféns marselleses. Francia vota como vota, de cabina para adentro, pero sigue apaixoada polo lume que prendeu Jean Paul Sartre cando a súa revista, Les Temps Modernes, puxo a feder ‘O home rebelde’, de Albert Camus, no seu número de maio de 1951. Pasado un chisco máis de medio século, Michel Onfray revisita o incidente en ‘A orde libertaria (Flammarion)’. Francia cava de novo as trincheiras, porque non hai nada que perda máis a un francés que un debate sobre queixos ou sobre ideas. Onfray non disimula: el é fillo de labregos normandos, Camus era fillo de ‘pied noir’. O autor aposta polo pensamento implicado na vida de Camus en contra do ideario abstracto de Sartre. No fondo, aínda os galos que se deixaron encantar por Sartre, como a Simone de Beauvoir e a tantas outras mulleres intelixentes, apostan pola vitalidade, polo heroe capaz de anegar o pensamento con acción e recibir o premio do bico e do canto épico da ex modelo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité