Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 avril 2012

AS OCORRENCIAS

SOLITUDE - FISHING IN THE FOG

Nos anos 80, os New Romantics disfrazábanse en toda Europa para saír de noite. O seu lema era "baila antes de que caian o misil". O desafío continuado entre os Estados Unidos e a URSS empuxaba a darlles a razón. Eu mirei rapaces bailando nunha paisaxe noturna post-nuclear hai seis anos. No medio do Prenzlauer Berg, un barrio tomado ao proletariado miserable da RDA, animáronme a subir as escaleiras dun edificio espido de todo, agás un minucioso grafiti que cubría cada centímetro cadrado das paredes, coma se Keith Haring se tivese multiplicado. No andar máis alto, había un club xermanicamente organizado, pero con toda a impostura da improvisación: non precisaba un elemento máis, pero as paredes estaban abertas á inmensa noite berlinesa como se viñera de ser bombardeado. Os locais clandestinos de música electrónica, que veñen atraendo rapaces da orbe occidental en xoldas de voo barato e copas non máis caras, están ameazados pola voracidade dos vantaxistas inmobiliarios. O Concello de Berlín vai axudar aos promotores do ocio cun millón de euros para que manteñan ese edén de turismo, algo así como o que vai facer o goberno español con milleiros de delincuentes. Fomentará o mantemento dos seus negocios a cambio dunha pequena porcentaxe dos cartos agochados. Rajoy xa lle advertira a Zapatero, alfa e omega de todo mal, de que era "unha ocorrencia" cando lle requeriu o seu apoio para facelo hai dous anos. A ocorrencia ten pouca graza, pero o neopresidente atopoulla. Menos mal que a Tribunal para a Doutrina da Fe exhibiu rigor condeando as "ocorrencias" Torres Queiruga porque Europa vai camiño de ser unha ocorrencia global.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité