
Alfredo Conde é un deses mariñeiros que se usan como modelos para as pílulas de Fisherman's Friends. Conde encarna o vello pescador repoludo e barbado con xersei noregués que cheirou o salitre de todos os mares, persuadíndose de que ninguén lle pode dar unha lección no que atinxe ás reviravoltas da vida. Alfredo viaxa ao pasado nun deses nenos guapotes que andan xogando ao fútbol no lameiro co traxe de primeira comuñón, convencéndose a si propios de seren un estandarte salferido de rebeldía. Antonte tratou de presentarse novamente...
[Lire la suite]