Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 avril 2012

HELENA VILLAR JANEIRO E O LOBO

tristan-campbell

PARA VOLVER a casa non precisas de volver a túa casa. É unha sensación máis que un acto físico. Eu volvín unha vez a casa na Casa da Matanza, en Padrón. O mesmo municipio na que Marina Castaño estraga o panteón que Camilo José Cela botou unha vida construíndo coas súas mans, as súas grandes ideas e as súas pequenas argalladas. A Fundación Rosalía de Castro convidoume unha volta a disertar sobre xornalismo cultural. O outono asomaba pola cancela da Casa da Matanza. Helena Villar Janeiro, que coida do patrimonio de Rosalía como se lle fose un rosario materno de prata e acibache, recibiume agarimosamente. Unha brisa desagradable varría o xardín. Helena abeirara o lombo cunha toquilla, pero, dende o momento da miña chegada, esqueceu do seu benestar e estendeu toda a súa humanidade para ocuparse do meu, que non tiña dúbida. Xunto coa vicepresidenta, Ana Blanco, amosoume pacientemente a sede, as publicacións, os proxectos, as arelas... aldeoume o moito que estaban facendo. Logrou unha sensación tan ampla e fonda de volta a casa que me sorprende a disconformidade de Alfredo Conde. Semella un pouco cruel someter a esa auditoría a unha persoa sobordadamente emocional, como Helena. Ao novelista tampouco lle supoñía eu saberes sobre balances contables, pero debe de ser que o asesora o curmán, Mario Conde, ao que debe atopar unha certa charme cervantina por aquilo de Arxel. Todo o que logrou é que Helena se convencera de que debía dimitir tras un labor entregado de seis anos. O xoves confirmará que marcha. Ela xa anunciara a renuncia, pero a insidia do alaricano debeu convencela para os restos. Xesús Alonso Montero acusou a Conde na sonada xuntanza de padróns, segundo leo pola banda de Fran Lorenzo, de promover "intrigas" para anular a Fundación Rosalía. Discrepo lixeiramente do profesor: Conde non está disposto a estragar a fundación, emprende esa vía nihilista porque asumiu que non a vai presidir nunca. Poderosamente reveladora faise a lectura da súa carta de demisión como padrón, que se lerá asemade o xoves na sesión da entidade. Apartando ese laio permanente de malamado, que xa carga, dirixe en dereitura a Helena Villar a metade da exposición de motivos para cobrarlle moralmente a contribución argumental que fachendea de ter feito para erguela ata a presidencia. Na outra metade, incide en que nin quixo nin quere nin quererá asaltarlle o cargo. A raposa e as uvas. Alfredo Conde sabe que carece de apoios para tal pretensión. O problema é que será traballoso atopar a alguén que asuma a xestión da fundación, por moito que o lobo de mar xa non ronde. Padrón verá así morrer de vez dúas institucións de rango para un país que ve como apodrecen entidades culturais por motivos distintos, pero tamén de natureza contable.

Photo: Tristán Campbell


Publicité
Publicité
Commentaires
-
Non sei que é millor, que saias da casa ou que quedes nela. Quero dicir como acto físico.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité