
PARA VOLVER a casa non precisas de volver a túa casa. É unha sensación máis que un acto físico. Eu volvín unha vez a casa na Casa da Matanza, en Padrón. O mesmo municipio na que Marina Castaño estraga o panteón que Camilo José Cela botou unha vida construíndo coas súas mans, as súas grandes ideas e as súas pequenas argalladas. A Fundación Rosalía de Castro convidoume unha volta a disertar sobre xornalismo cultural. O outono asomaba pola cancela da Casa da Matanza. Helena Villar Janeiro, que coida do patrimonio de Rosalía como...
[Lire la suite]