Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 avril 2012

DEFENDER A TERRA NON É DELICTO

Laval_Karine_Inferno

A noite estaba fresca, pero apaguei o ordenador do xornal e quería darme un limbo antes de acender o doméstico. Os rapaces gozan en Cáceres, a vila natal da avoa, a miña sogra. Daquela dispoñía dun evitar ocuparme de información e partenidade. Saín do edificio en dirección contraria á cotiá, cara ao norte. A metade septentrional da cidade consiste nun terrible remexallo de casas tradicionais, erros xenéticos do desevonvelmento mediofranquista e dignísimos, mesmo belos, edificios recentes. Entrando no barrio da Milagrosa sentía morriña da Praza do Campo, coa súa harmonía triangular en pedra sostida pola fonte central. Ese distrito está habitado polo proletariado, polo que, deixada atrás a medianoite, case que non restaban ninguén nos bares. Permanecía aberto un kebab, con varias copias ridículas e autóctonas de Cristiano Ronaldo e máis unha parella de rapaces turcos con xersei axustados para evidenciar o ximnasio que falaba co mozo que se desenvolvía entre o recendo a cordeiro e a graxa do asador. Mireinos con curiosidade e fitáronme con desconfianza, como se a miña idade ou os meus lentes de pasta fose unha advertencia de algo que ignoro. No regreso á casa, cara ao Seminario e o cuartel da Garda Civil, atopei dúas mazás máis alá unha muller negra e repoluda conversando nunha estrana lingua cun mozote lanzal. Na esquina dei con catro persoas debatindo con agrideza. Unha señora, tamén gorda; un home cun peso non máis liviano, un vello cun gorro de lá negro e un rapaz con chándal azul mariño. Entre os catro, termaban a quendas dunha botella marrón con capacidade para un litro de cervexa que ían entregándose segundo lle daban un grolo. Tras deles, nun baixo de obra en aluguer, unha pintada adornada cunha estrela sobre dúas liñas paralelas proclamaba que "defender a terra non é delicto".

PHOTO: Karine Laval

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité