mercredi 11 avril 2012
GALICIA, NACIÓN POLIGONEIRA
En Galicia somos moi poligoneiros. Poucos municipios pequenos carecen de parque empresarial abandoado. Non é tanto que nos reine a arqueoloxía industrial como que pensamos no futuro dos fillos. Queremos deixarlles a leira, pero aplanada, con traída de auga e luz. Tanta orde non afecta á mente abstracta do galego, que agradece que lle dean solucionadas as rutinas. En política somos partidarios de que nos escriban as candidaturas e mesmo os gobernos, polo que mantemos os gobernantes ata que se retiran. Xosé Cuíña nunca saíu da sombra... [Lire la suite]