Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 avril 2012

CONDE ROA, UN BARÍTONO VERDIANO


koudelka_rocket

OS CIENTÍFICOS estiman que por volta de vinte anos serán quen de reproducir un cerebro humano. Este tipo de previsións logran desacougarme ata que reparo na imposibilidade de que artellen un sistema de lembranzas e, sobre todo, que conecten os pensamentos coas emocións. Ese posible cerebro de laboratorio sería incapaz, por exemplo, de razoar coma Gerardo Conde Roa. Unha vez confesada a súa débeda considerable con Facenda, con todas as matizacións que el ten dereito a expoñer, o lóxico sería dimitir da alcaldía de Santiago para non mancar ao seu partido. A reposición dese desencontro cos inspectores da entidade pública vai prolongarse, afectando tamén á estética do cargo. Porén, Conde Roa deixouse levar polas emocións que o chantan na cadeira municipal, tapando as orellas ao razoable. O rexedor ten un porte galantesco grazas ao pelo rizo e á voz de barítono verdiano. Soubo aproveitalos na comparecencia do pasado martes. Acertou nese xeito de termar das palabras para proxectalas e subliñar algunhas sílabas, aínda que estaban escollidas ao azar. Iso daba unha solidez inesperada ao seu discurso que me levou a pensar en que Conde Roa ten unha capacidade para construír un personaxe aínda superior á de Abel Caballero e mesmo á de Paco Vázquez. Veremos nestes meses como desenvolve esa creación que empezou situando de par con José Tomás. Por dramatismo non vai ser.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité