Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 avril 2012

A RESPECTO DE GRASS E OS GORMITTIS

train

O debate sobre o poema de Günter Grass ten tanta fondura intelectual como os que mantén o meu fillo cos seus amigos de seis anos sobre o poder que detenta un Gormitti para impoñerse a outros. Grass cae nun naïfismo político cando ataca a potencialidade nuclear de Israel, defendendo indirectamente o dereito de Irán a defender o seu benestar. Independemente de que é máis probable que un ditador como Amadineyahd cometa unha barbaridade nuclear, lémbrame á escolla na que nos situaban a moitos vascos cando nos xustificaban unha violencia como consecuencia da violencia doutra, tanto ten a orde. Tratabamos daquela de manter a mente limpa e centrarnos na idea de que unha perna non tapa outra e de que o mellor terrorista nunca é o morto, senón o encarcerado. Tan absurdo é o argumento de Grass como o de que exhumaron o seu pasado nazi, nunha remota mocidade; como se aquel pecado orixinal se erguese coma unha tatuaxe dunha inmoralidade irreparable. A maiores, cumpriría lembrar que foi el quen deixou ver as claves para atopalo. Grass leva moitos anos seguindo as directrices da súa conciencia, mesmo cando lle resultou desacougante, polo que non se lle pode andar cuestionando a ética das súas manifestacións por moito que discrepemos. Máis cando as directrices éticas que marcan os nosos políticos pasan por proclamar a cultura do esforzo e a hixiene impositiva e, na primeira oportunidade, achandar os terreos para a instalación dun oasis de ruletas no que o azar é o único valor cívico respectado ou un perdón xeralizado e cego a todo furafollas que se enriqueceu sen abonar a súa porción para que a sociedade poida continuar en marcha. Os seus fillos reprocharán algún día ao meu que gustaba duns bonecos que teñen a brutalidade ignorante por xeito de relacionarse en sociedade

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Polo que eu lembro, Grass contou o seu nazismo nunhas memorias. Un comentario que podería terse aforrado para, por exemplo, poder defender posturas coma esta que comentamos sen aturar acusacións sen base de seriedade. No caso vasco -que, como suporá, coñezo-, non podo respaldar ningunha das violencias; por outra parte, sinto moitos reparos a comprender violencia algunha. Agradezo o respecto, Júlio, e agardo ter respondido co mesmo.
Répondre
J
Pancho, a min paréceme inocente considerar a Israel o réxime máis perigoso da zona por moito que Irán sexa unha democracia. Venezuela tamén é unha democracia e ten tanta agresividade que preocupa. Coincidindo coa súa opinión sobre Palestina, eu non os percibo como actores de nada porque ninguén (nin os mesmos árabes) lles dan moito máis ca retórica. Son unhas vítimas perfectas: sometidas e ailladas.
Répondre
J
Estimado Sr. Jaureguízar. Ninguém mais que o próprio Günter Grass “exumou”, efectivamente, o seu pasado de voluntário no corpo de elite das SS názis. E fixo-o ao publicitar o desafortunado libelo antisemita no que situa o Estado de Israel como a grande ameaça para a Humanidade.<br /> <br /> No caso vasco, e no caso israelita, a equidistancia moral, para além do que alguns como você semelham defender, não existem.<br /> <br /> Saúda-o respeitosamente,
Répondre
P
Para empezar, Ahmadineyad foi electo democraticamente, por tanto, ten a mesma lexitimidade que o ultra xudeu Netanyahu. Para rematar, o outro lado da moeda de Israel non é Irán, é Palestina, e todas as resolucións da ONU que Israel leva ignoradas sobre este asunto.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité