Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 avril 2012

TAN ALTOS COMA NAPOLEÓN

golden-years-2011

HAI UNHA CONVERSA que se repite nun bucle. Cádrame cando paro comprar auga no Gadis antes de ir para o periódico. Sempre son dúas señoras, nunca as mesmas. Convéncese a unha á outra de que «El Rei é moi alto, pero o fillo é aínda máis». Nunca comprendín esa teima coa estatura das persoas, que mesmo chega a premer contra os límites do ananismo a persoeiros coma Napoleón. O ditador francés sempre pasou por baixo, aínda medindo 1,68 metros. Estaba na media do seu tempo e superaba en catro centímetros ao Duque de Wellington. Aínda así, a estatura masculina conserva un prestixio entre as mulleres. Dende logo, eu non son tan mal pensado nin machista coma Cesare Pavese, que anotou nos seus diarios que «as mulleres desexan os ricos, pero teñen a precaución de namorar antes deles». Juan Carlos de Borbón e o seu fillo, Felipe, encabezan esa enquisa de tempada sobre os acompañantes que os galegos prefiren para tomar unhas canas de cervexa. No terceiro e cuarto lugar están Antonio Banderas e máis o toureiro Francisco Rivera, e no quinto volve a monarquía ao top five con Sofía de Grecia. A clasificación desvela que, máis que por altura ou por cartos, este país séntese motivado pola rexouba. Os galegos debemos de pensar que, de lograr o improbable obxectivo de camiñar canda algún deles de bar en bar, habían de confesarnos algunhas desas intimidades que nos arden no morbo. Porque, para falar do derbi, están os amigos e os desquiciados da TDT. Ou?

photo: The golden years. Federico Buchbinder

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité