Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 avril 2012

CRAIG PATTERSON: "TRADUCIR 'A ESMORGA' CUSTOUME SANGUE, SUOR E BÁGOAS"

 

tea cup

As entrevistas fannas os entrevistados, para ben e para mal. Onte, como teño de mal costume, boteime sen cuestionario contra Craig Patterson, un intelixente entrevistado, para facerlle esta entrevista. Contoume, entre outras cousas, estas: 

Conexións entre 'Ulises' e 'A esmorga' "non llas vexo... narrativamente Joyce é máis vangardista".

"Blanco Amor fai unha novela moi moderna e moi europea. Fai algo moi galego, como é publicala en Bos Aires. Seica escribiu a obra en 1955. Bos Aires era un sitio moi galego e, despois de tres tentativas fallidas en España por mor da censura franquista, decide en 1959 que «ao carallo!», que vai facelo cos seus amigos porque para el o importante era manter a cosmovisión. Os problemas coa censura non eran tanto de que aparecesen putas e borracheiras como pola linguaxe. Pasaron aínda 11 anos ata que puido aparece en España."

"Esta tradución costoume sangue, suor e bágoas. Sacoume canas, pero non puiden dicir que non porque todos os amigos escollían a novela como a mellor en galego."

 "Os galegos teñen un concepto distinto do tempo. As nove para un inglés non son as nove e media. A un inglés parécelle un abuso. Despois daste de conta de que non é tan importante. Outra cousa que me sorprendeu foi a falta de autoconfianza. É un feito obxectivo que Galicia ten un comportamento de cultura colonizada. Tamén pasa no sur de Irlanda, en Gales e en moitos lugares de África. Xa falou Isabel A Católica de «doma e castración de Galicia». Cando un pobo recibe un golpe tan forte queda afectada a súa visión do mundo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité