vendredi 20 avril 2012

CRAIG PATTERSON: "TRADUCIR 'A ESMORGA' CUSTOUME SANGUE, SUOR E BÁGOAS"

  As entrevistas fannas os entrevistados, para ben e para mal. Onte, como teño de mal costume, boteime sen cuestionario contra Craig Patterson, un intelixente entrevistado, para facerlle esta entrevista. Contoume, entre outras cousas, estas:  Conexións entre 'Ulises' e 'A esmorga' "non llas vexo... narrativamente Joyce é máis vangardista". "Blanco Amor fai unha novela moi moderna e moi europea. Fai algo moi galego, como é publicala en Bos Aires. Seica escribiu a obra en 1955. Bos Aires era un sitio moi galego e,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 20 avril 2012

TAN ALTOS COMA NAPOLEÓN

HAI UNHA CONVERSA que se repite nun bucle. Cádrame cando paro comprar auga no Gadis antes de ir para o periódico. Sempre son dúas señoras, nunca as mesmas. Convéncese a unha á outra de que «El Rei é moi alto, pero o fillo é aínda máis». Nunca comprendín esa teima coa estatura das persoas, que mesmo chega a premer contra os límites do ananismo a persoeiros coma Napoleón. O ditador francés sempre pasou por baixo, aínda medindo 1,68 metros. Estaba na media do seu tempo e superaba en catro centímetros ao Duque de Wellington. Aínda así,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]