Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 avril 2012

UN XINETE NA COCIÑA


doisneau_fallen_horse

 

O MEU CATIVO, Antón, preguntábame onte mentres almorzamos na cociña sobre como podíamos ler o futuro. Eu, como non son determinista, razoeille que todas as nosas armas consistían en interpretar os datos do presente para facernos unha proxección e agardar. «Pero podería aparecer un xinete a cabalo na cociña neste mesmo momento», introducín no argumentario para sorprender ao cativo. Improbable non é sinómimo de imposible, aínda anden perto da polisemia. Despois fun facer un revival do almorzo cun amigo,que é empresario. Botei o terceiro café de antes das dez con outro que sostén un negocio. Deixeinos falar. Non por educación, senón por desacougo. Asistín a ambos os discursos escaneando o significado das súas palabras. Faltoulles algún verbo que indicase acción ou algunha adxectivo que conducise á esperanza. Sempre me guío pola máxima de Churchill de que «hai que ser optimista, non por convencemento; senón porque ser pesimista non ten utilidade algunha coñecida». Abstívenme de introducir en ambos os diálogos a franxa que separa o improbable do imposible porque temín que o tomasen por burla. A imaxe que tiña na cabeza era unha escea da película O salario do medo, cuns camioneiros cruzando unha paraxe suramericana cunha carga de dinamita que podía estourar no primeiro bache mal collido. A carga explosiva vai utilizarse nunha explotación petroleira. Os camioneiros non piden aumento de soldo, soamente non saltar polos aires. No xantar, con Antón, acordoume un meu profesor da facultade de Dereito en Santiago ao que alcumaran Margarito. Os veteranos da pensión contaban que unha vez entrara en clase montado nun cabalo branco.

 

 Photo: Fallen horse. Doisneau


Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité