lundi 30 avril 2012

ANTES HABÍA OUTRO RESPECTO

"ANTES HABÍA outro respecto", enfadábase a miña avoa materna pensando no PNV no que ela militaba dende a maioría de idade ata que Franco lle enconmendou desembrutecer nenos nunha erma serra andaluza de altramuces e auga carrexada en burros. A miña avoa, Aurora Zaldibar, comparaba os politicamente felices anos 30 anteriores ao ditador ferrolán cos arricados cambios de parella de Juan Mari Bandrés tras a recuperación da civilización. Antes había outro respecto e un comunista novo viaxaba dende Nova York a México DF para coñecer a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 29 avril 2012

UN MISTERIO OVALADO

Cada vez que vou a Barcelona visito o mercado de La Boqueria, unha praza cuberta realizada en ferro en 1914 en Las Ramblas nun espazo de venda hortelá dende 1836. Nunca merco nada dentro, porque é todo tan belo e aseado que me dá a sensación de ir comer o ‘David’ de Michelangelo ou algo así de natureza caníbal. E comer é un acto reversible, mesmo comer beleza.  Con todo, fago un demorado percorrido por cada corredor que separa as ringleiras de postos. Na última volta, hai quince días, acordei a confianza nos ovos da miña nai.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 28 avril 2012

P0LOS CASTELOS DE ESLOVENIA

O escritor esloveno Vladimir Minác pregúntase nunha reflexión de 1968 'Onde están os nosos castelos?' Castelos no seu país, hainos. Son esveltos, orgullosos, axeitados para calquera rodaxe sobre a posta de longo das adolescentes de vestido longo de gasa e fazulas rubias ben situadas na estirpe dunha monarquía prebostwanática. Ao redor desas fortalezas, a xeito de incómodos cogomelos feotes e pesados, sitúa Minác as drevenice, unhas cabanas cruzadas por columnas e trabes de madeira asentadas con palla e esterco. Neses lares escuros... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 27 avril 2012

UN XINETE NA COCIÑA

  O MEU CATIVO, Antón, preguntábame onte mentres almorzamos na cociña sobre como podíamos ler o futuro. Eu, como non son determinista, razoeille que todas as nosas armas consistían en interpretar os datos do presente para facernos unha proxección e agardar. «Pero podería aparecer un xinete a cabalo na cociña neste mesmo momento», introducín no argumentario para sorprender ao cativo. Improbable non é sinómimo de imposible, aínda anden perto da polisemia. Despois fun facer un revival do almorzo cun amigo,que é empresario.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 26 avril 2012

AZUL CORPORATIVO CASE NEGRO

Agora xa pasou. Non manca, aínda que estea deixando a Soraya sen arsenal argumentario. Zapatero é un topónimo dun asentamento que xa abandoamos. Voulle agradecer, porque alguén debe ocuparse de aliviar as feridas, os últimos anos de Televisión pública Española. Estou proxectando a man no horizonte e colocando os dedos en perspectiva sobre o arco da vella para acariñar o pluralismo. No futuro que se nos bota enriba, a darlle a razón a Amy. Algún asesor de percorrido curto analizou as lembranzas ás familias dos ministros que se emiten... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 25 avril 2012

A PESADEZ DA HOMBRÍA

A única vez que vin a Terenci Moix foi nunha entrega do Planeta, en Barcelona. Bicaba meixelas, collía mans que lle ía achegando o azar e non renunciaba de sorrir, coma se levase micropublicidade de Colgate en cada dente. Nada lle lin porque, para min -como para el- Cleopatra e Marco Antonio sempre terán as apariencias cinematográficas de Elizabeth Taylor e Richard Burton. Si me atrae o personaxe e poderei profundar máis na súa carne trémula con El tiempo es un sueño pop (RBA), de Juan Bonilla, unha estupenda definición do que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 24 avril 2012

EXPROPIACIÓN E REPOSTAXE

Na tarde de onte fixei o logo dunha empresa de combustible expropiada na pantalla do ordenador. O circuliño laranxa e granate dividido por unha franxa branca casa amablemente coa cadeira vermella na que estaba sentado. Teño un prexuicio contra esa firma e co resto do sector. Non deixa de lembrarme as cantidades coas que se cargan na miña conta bancaria cada vez que reposto o C-Max. A actitude do Goberno español e da maioría absoluta da prensa de Madrid impélenos a unha empatía de poñernos en garda contra un suposto latronicio á... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 23 avril 2012

EXPLICARMOS GALIZA

Acabouse o tempo do espectáculo. Por iso,o sensato Hollande venceu ao tosco Sarkozy as primarias e as sondaxes confírmano para as definitivas de maio. Por iso, Juan Carlos de Borbón desculpouse, porque admirar a quen dispara con salvas do Rei podía ser simpático cando nas familias eramos máis coches ca persoas. Pero os coches están agora aparcados na rúa con moitos carteis ansiosos de 'se vende'. Con todo, o monarca español acertou a artellar un peche para o seu ciclo de depropósitos -cando menos un peche formal-... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:41 - Commentaires [3] - Permalien [#]
dimanche 22 avril 2012

O PRÍNCIPE DE DINAMARCA

SINCERAMENTE, ocórrenseme unhas 357 actividades máis interesantes que ler unha novela de Fernando Savater. Escribín unha novela, e non un libro de filosofía de Savater, moi conscientemente. Son tempos nos que un par de aparicións en prime time habilitan a un para armar unha novela coma se fose unha estantería do Ikea. A miña preguiza incentivada cara á literatura do pensador donostiarra non afecta a que lea as súas opinións. Presentando a súa nova ficción, ‘Los invitados de la princesa’, desvelou que o texto contén unhas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 21 avril 2012

"¿TENÉIS BINGO AQUÍ?"

Aconteceume non hai dez minutos. Como botara unhas catorce horas mirando unha pantalla, por motivos laborais e vagares, saín dar un paseo logo de cear. A noite quería expulsarme, porque estaba túzara, chuviñenta e fría, con Lugo estreando a súa enésima festa colectiva (San Froilán, Arde Lucus,...) Esta cidade fai todo en grupo, tanto divertirse como delinquir (Campeón, Carioca,...) Eu camiñaba en solitario tratando de apagar na miña cabeza o murmurio eterno do ventilador que teñen os ordenadores e que empeza a asemellarse a unha voz... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]