mardi 10 avril 2012

ERGUERSE CEDO, DEITARSE TARDE

Fachendeabamos tanto da equiparación... Sempre houbo ricos e sempre os haberá, dicían os vellos ignorando o seu calvinismo e negando asemade o marxismo sen sabelo, por pura dedución empírica e lonxeva. Hai diversas categorías de seres humanos. A máis elevada de todas elas, que nos trata cunha soberbia agochada en 'campechanía' pode pilotar costosísimos avións militares, pode quedar libre de ser imputado por negocios nos que asinou documentos ou permíteselle que participe en actividades con armas de fogo aos 13 anos. Rockefeller... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 9 avril 2012

DEFENDER A TERRA NON É DELICTO

A noite estaba fresca, pero apaguei o ordenador do xornal e quería darme un limbo antes de acender o doméstico. Os rapaces gozan en Cáceres, a vila natal da avoa, a miña sogra. Daquela dispoñía dun evitar ocuparme de información e partenidade. Saín do edificio en dirección contraria á cotiá, cara ao norte. A metade septentrional da cidade consiste nun terrible remexallo de casas tradicionais, erros xenéticos do desevonvelmento mediofranquista e dignísimos, mesmo belos, edificios recentes. Entrando no barrio da Milagrosa sentía... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 8 avril 2012

AS MATEMÁTICAS DE ALADINO

Hai unha semana dei o pregón inaugural da Moexmu e improvisei sobre esta base: "Estou aquí por reconciliarme co campo, sobre todo, por reconciliarme coas vacas. A zona na que me criei, nas aforas de Ribadeo, aseméllase bastante a Muimenta. Había grandes pradaríos e algunhas árbores deixadas caer pola paixase verde sen moito xeito. Eu crieime no campo e asemade non me criei no campo. O meu pai daba clases no instituto. Daba matemáticas, un motivo importante para que eu me dedicase a calquera cousa que non requerise facer números.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 7 avril 2012

HELENA VILLAR JANEIRO E O LOBO

PARA VOLVER a casa non precisas de volver a túa casa. É unha sensación máis que un acto físico. Eu volvín unha vez a casa na Casa da Matanza, en Padrón. O mesmo municipio na que Marina Castaño estraga o panteón que Camilo José Cela botou unha vida construíndo coas súas mans, as súas grandes ideas e as súas pequenas argalladas. A Fundación Rosalía de Castro convidoume unha volta a disertar sobre xornalismo cultural. O outono asomaba pola cancela da Casa da Matanza. Helena Villar Janeiro, que coida do patrimonio de Rosalía como... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [1] - Permalien [#]
vendredi 6 avril 2012

CONDE ROA, UN ALCALDE SEN CADEIRA

GERARDO CONDE ROA non ten cadeira no despacho. Non precisa de sentar porque el goberna no seu balcón de Raxoi. Dende que empezou o mandato marcou a liña mestra para traballar por Santiago. Retirou todas as axudas aos gafafrautas da Nasa e vestiuse de galego para a investidura. Deixou morrer a cultura nova e ergueu o estandarte da cultura vella, desas formas de galeguismo que aparecían nas postais kistch dos anos 70. A ninguén mancan, pero que a ninguén logran identificar. Marcou a austeridade como divisa do seu escudo como rexedor.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 5 avril 2012

50 FAMOSAS CON CELULITE

A revista In Touch despregra no seu novo número un detallado e valioso estudo sobre 50 famosas con celulite. A ciencia ao alcance dos aletrados, non todo vai ser Science ou Nature. Debe de ser un estudo socioloxico, como define Mercedes Milá esa granxa de cultivos humanos que é Gran Hermano e que tanto gustaría ao Kazuo Ishiguro de Non me deixes nunca. In Touch é unha publicación dirixida a sectores de poboación endebedados sen alternativa e de formación limitadamente imprescindible para desenvolverse co mando da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:01 - Commentaires [4] - Permalien [#]

mercredi 4 avril 2012

ALFREDO CONDE, O MARIÑO QUE PERDEU A GRACIA DO MAR

Alfredo Conde é un deses mariñeiros que se usan como modelos para as pílulas de Fisherman's Friends. Conde encarna o vello pescador repoludo e barbado con xersei noregués que cheirou o salitre de todos os mares, persuadíndose de que ninguén lle pode dar unha lección no que atinxe ás reviravoltas da vida. Alfredo viaxa ao pasado nun deses nenos guapotes que andan xogando ao fútbol no lameiro co traxe de primeira comuñón, convencéndose a si propios de seren un estandarte salferido de rebeldía. Antonte tratou de presentarse novamente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 3 avril 2012

AS OCORRENCIAS

Nos anos 80, os New Romantics disfrazábanse en toda Europa para saír de noite. O seu lema era "baila antes de que caian o misil". O desafío continuado entre os Estados Unidos e a URSS empuxaba a darlles a razón. Eu mirei rapaces bailando nunha paisaxe noturna post-nuclear hai seis anos. No medio do Prenzlauer Berg, un barrio tomado ao proletariado miserable da RDA, animáronme a subir as escaleiras dun edificio espido de todo, agás un minucioso grafiti que cubría cada centímetro cadrado das paredes, coma se Keith Haring se tivese... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 2 avril 2012

OS SABIOS HEROICOS

OS FRANCESES fachedean da mellor selección estatal de pensadores e non sen motivo: Finkielkraut, Gluksmann, Lévy, Onfray, Gallo, Todd,... Coidan deles coma se coida en España a Messi ou Cristiano, unha mostra das inquedanzas de cada sociedade. Malia esa fascinación polas súas mentes capaces de afondar máis, pérdelles a fascinación polo heroe, pola Xoana de Arco, polo Asterix e Obelix,... mesmo polo seu Sarkozy, que, a falta de xestión, ten unha virilidad que supera con moito a súa estatura incompleta. Sarko podería desmentir as... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 1 avril 2012

UNHA ONDA DOURADA

AS MODAS SON COMA esas grande ondas que ves achegarse cando estás na beiramar. Tratas de botarte atrás, pero son tan anchas e poderosas que acabas mollado. A onda que se nos bota enriba dende hai un tempiño é escumosa, coma todas, pero dourada, coma se procedese dun mar nun serán estival. O pasado domingo celebramos na casa os aniversarios do cativo e da sogra, polo que a miña Sara, permanentemente alerta no detalle, suxeriu mercar unha botella de champaña para acompañar o xantar como ben sabe que lle presta a súa avoa. Eu son... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]