Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 mai 2012

AS PONTES DE KÖNIGSBERG

BRIDGE

EU ESTABA NUNHA desas colas que deixan medrar os bancos diante dos mostradores para que lles fagamos parte do traballo por internet evitándolles uns custos laborais. Un vellote avisounos: «Pidan billetes novos, que Rodrigo Rato vai quedar con todos». Ao primeiro, tomeino a broma, pero a sensibilidade económica está tan vermella e tan supurante, que estiven por seguir o consello cando me tocase a quenda. Acordei do problema das pontes de Königsberg. Entre os científicos locais formulouse no século XVIII o desafío matemático de determinar se era posible atravesar as sete pontes que unían as illas do trazado urabano unha soa vez e regresar ao punto de partida. A dificultade estaba a rentes de perfilar unha saída á crise deixando que os bancos reparen sós os seus danos na liña de frotamento. A tentación arde en todas as cabezas expertas en economía. Pretenden quitarse a carga de sentir que o Reino de España é un protectorado alemán, polo que o ministro de Finanzas xermano, Wolfang Schaüble, pasa de cando en vez esixindo os libros de contabilidade para darlles un repasiño. Pode facelo nunha cidade tan humana coma Santiago e cubrilo co nome dun titán da remontada de catástrofes coma Konrad Adenauer, pero non houbo nin un murmurio humano nesa fiscalización. O matemático suízo Leonhard Euler chegou a Könisberg en 1741 e algúen lle presentou o encrucillado das pontes. Euler botou días e días fuchicando con esquemas. Demostrou que era irresoluble, pero serveulle para formular a importante Teoría de Grafos. Ese pode ser o itinerario.

Photo: Quezon Bridge (Manila, february 2012) Luke Arcellana

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité