vendredi 4 mai 2012

AS PONTES DE KÖNIGSBERG

EU ESTABA NUNHA desas colas que deixan medrar os bancos diante dos mostradores para que lles fagamos parte do traballo por internet evitándolles uns custos laborais. Un vellote avisounos: «Pidan billetes novos, que Rodrigo Rato vai quedar con todos». Ao primeiro, tomeino a broma, pero a sensibilidade económica está tan vermella e tan supurante, que estiven por seguir o consello cando me tocase a quenda. Acordei do problema das pontes de Königsberg. Entre os científicos locais formulouse no século XVIII o desafío matemático de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]