Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 mai 2012

O VALEDOR DO POBO NO OUTLET

VALEDOR

O valedor do Pobo viña sendo unha institución coma a avoa da familia. Hai que mantela porque tampouco é cousa de esquecer de darlle as pílulas da tensión, pero tampouco se lle presta atención porque murmuria e desvaría falando dende unha dimensión marchada. Andou aí, sensatamente apartadiña, con José Cora y con Vázquez Sandes. Pero no 2007 os tres partidos representados na cámara aceptaron que Benigno López era o seu home para sacar a figura dos sotos a que lle dese un aire. Precisaban que se coñece a instituciçón porque,para os políticos ter un enfronte criticando é desacougante, pero se é un dos nosos, saberá controlar acidez e ninguén poderá denunciar que nos blindamos. Benigno López estreouse facendo misericordioso caso a Pedro Larrauri, dunha formación, UPyD, que en Galicia superou xa ao Partido Carlista cando foi candidato por Lugo ao Senado o meu tío Santiago Jaureguizar, hai trinta anos. López mandou corrixir libros de texto para que o español figurase como lingua propia de Galicia, non vaia ser que os cativos tomen iso que escoitan falar habitualmente co interese dunha televisión acesa nun bar. Este terceiro valedor levaba un tempo movéndose nas sombras, pero asomou para reforzar a idea de que a Lei de Dependencia "naceu morta", suxerindo que está de máis e ridiculizando o propio nome da lei. Eu andaba certo de que Benigno López fora elexido coma valedor do Pobo e non como asesor económico de San Caetano, pero debín de entender mal. De calquera xeito, metidos en recurtes, poderíamos ir pensando en levar a entidade a ese outlet da Avenida da Coruña, en Compostela. Aposto a que a ninguén se lle acorda a súa existencia.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité