Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 mai 2012

AS NOVELAS HEMOFÍLICAS

hooded-witness-unknown-photographer

PÉREZ REVERTE está de xornada de portas abertas cunha obra futura. O autor abriu un blog no que vai explicando o seu traballo para redactar o texto: como se moldea un personaxe para que respire, o xeito de conseguir os datos para unha partida de xadrez con trascendencia na trama central ou un borrador de diálogo. Reverte non me suxire emocións recoñocibles como escritor nin como cartaxinés; as súas revisións das novelas marciais do XVIII parécenme destinadas a unha campaña de Esperanza Aguirre, pero a proposta é suxestiva. Ofrece uns trucos e amosa unhas dúbidas que conducen a lugares amables. Eu non o faría porque estou nesa glaciación de pagar actividades extraescolares e, como consecuencia, de presentarme a concursos. A experiencia que teño sinalada con marcador no meu libro de rezos aos xurados foi protagonizada por Eduardo Estévez. Realizou o poemario ‘en construción’ permitindo a calquera asomarse por riba do seu ombreiro mentres o escribía a través da xanela dun blog homónimo. Eses versos mereceron o premio González Garcés en 2008, pero o finalista, Xavier Lama, indicou con vehemencia que poderían ser coñecidas interneticamente polo xurado e convenceunos. A maiores, hai algúns pasos do proceso de redacción dun libro que resultan lamacentos. Moitos darían a foto máis vella vestidos de futbolistas por ver primeiras probas dalgunha novela miña. Son a corrección básica que che fai a editorial. Adoitan chegar manchadas de rectifiacións e reparos en rotulador vermello. Veño de recibir unhas e lisco para o Hula porque sagran que mete medo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité