bilbao

Na Comunidade Autónoma Vasca, nesa terceira parte do Basqueland, tamén temos grupos de sona. A Jeltzale Big Band (EAJ-PNV) asentouse no alto das listas durante tres décadas, ata que Patxi eta Andoni, denunciaron os contratos da banda indie Batasuna -a min non me gustaban nada, pero non vexo argumento- aumentando os bolos. Mesmo o dúo ocupou a escea vasca durante os tres últimos anos cun repertorio de canción lixeira que atrae a poucos euskomelómanos. Patxi López e Andoni Basagoiti tocaron xuntos, pero nunca amosaron capacidade para acompasaren ritmos. O pasado luns, Andoni anunciou que rompía o dúo. Deu a tallada a unha concordia que lle fora imposta polos seu pais políticos nunha voda xenovesa a través da radio, coma se estivese en Hablar por hablar e sentise vergoña de explicarse en persoaPatxi pode perder a maioría en Gernika, pero non a soberbia e pretende seguir tocando con 13 dos 75 parlamentarios. Hai un par de meses empezou a axeitar o  repertorio esquecendo progresivamente a Mocedades ("¡Ay!, amor de hombre") e cantando algunha de Oskorri. Mikel Laboa cáusalle un lixeiro vértigo, pero darao superado. Non parece que poida levar o play back alén o outono porque o país baila cun paro do 13 por cenro e medrando a ritmo Muguruza ("independentzia, internazionala"). Os sondeos sitúan á Jetzale Big Band na cabeza do voto popular, pero os Amaiur Sound System pintan mellor en escanos. Patxi quedará na soedade do trompetista, porque os jeltzales seica pensan tocarán os clásicos de toda a vida, incorporando a Basagoiti no caso preciso, máis que polas actuacións que lles poidan conseguir no Reino de España ca pola súa valía, revelada este luns unha vez máis coma descatalogada na finura política. Na Comunidade Autónoma Vasca hai un concerto soando permanente: o económico.

Photo: Stu Egan