Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 mai 2012

UN REPARTIDOR DE TELENQUISA REACTIVA GALICIA

016_henri-cartier-bresson_theredlist

AS ELECCIÓNS deberían celebrarse cada dous anos. Un ano, como na vella Roma, sería un período escaso para desenvolver proxectos, pero catro imitan un milenio neste tempo no que Twitter avellenta ata a tirada en edición vespertina do asomo da Lúa. Mesmo hai países, coma o noso, no que semella positivo que haxa enquisas discretamente encargadas polo partido gobernante de quenda. Deberían darlles unha maioría incerta por acordo do Hórreo; acordo unánime, como o de Benigno Sánchez, que menos! Un repartidor de Telenquisa ascendeu coa moto facendo cabaliños pola enigmática caeira do Monte Pío e Feijoo abandoou a teima de ir apagando as luces do pazo ao seu paso para atender máis a asegurarse de que ha poder seguir facéndoo tras as eleccións. Foi escoitar a Sarko cantando a Carla Bruni por Serge Gainsbourg ("Viñen dicirche que marcho"), foi sentir a Angela Merkel avisando de que calquera día entoa unha dos Ramstein e lanzarse ao entusiamo anunciador dunha axencia tributaria e o cumprimento da Lei de Dependencia. Case que habería que retrucar que sen tempo non era. Sen tempo e sen formas, porque non parece axeitado que nos teñamos que informar dos contados e atrasados avances do seu goberno por un chincharabia a Pachi Vázquez ou un a-nós-nos-preocupa-a-política-social-máis-ca-ao-Bloque (que xa lle digo eu que non, presidente) ceibado a Ana Pontón. As medidas chegan co pulo mortecino das eleccións e dos sondeos malformados. Chegan, si; pero con tres anos de atraso. Aínda nos consolamos porque, no canto do AVE a Porto, Rajoy nos puxo un vehículo de substitución cedido noviño de concesionario. Iremos utilizándoo mentres agardamos por ese tren que nos una en condicións como o que teñen os madrileños para visitaren a Feira de Abril. Y ole que ole su gracia y su arte.

Photo: The red list. Henry Cartier Bresson.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité