samedi 12 mai 2012

UN NEGRO EN BATA SANITARIA CORRENDO POR LUGO CONTRA A MEDIANOITE

LUGO É UNHA CIDADE de cores tras o solpor. Saín pasear enganado na temperatura porque o día abafounos de sol e a noite non termaba dos 11 graos. O tamaño manexable do noso entramado urbán segue acougándome. Vivo arrimado ao centro, que seica que está na praza de Armanyá, diante do Goberno Civil -onde o civil é Ramón Carballo-, que é de onde saen as vías romanas que comunican Lugo coas outras megalópolis do Imperio, e lévame 40 minutos chegar ao limes capitalino. Andados quince minutos albisquei a Paco, un exprofesor de ximnasia que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]