mardi 15 mai 2012

A CULTURA QUE PRODUCEN OS CARTOS

ABEIRO UNHA tendencia parva a ler libros sobre Nova York. Na miña lembranza breve aínda fica Maeve Brenan e no futuro que se me bota enriba, Paul Morand. Nestes días sorpréndome e río con Mi Nueva York, de Brendan Behan (Marbot Ediciones, con preciosas ilustracións de Paul Hogart e tradución de Julio Labí). Lectura a lectura fun construíndo Nova York, malia que nunca a visitei. Presumo que non irei, porque Nova York non mellora moito a Lugo: nós tamén temos campus, pontes grandes e mesmo un equipo de baloncesto. Aínda nos quedan... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]