jeudi 17 mai 2012

OURENSE ASCENDE AOS BALTARES

O meu tío Santi gardaba tres boinas vermellas de feituras infantís, sempre pranchadiñas pola súa irmá Feli, na parte baixa dun armario marrón con espellos nas portas e inmenso coma Mazinger Zeta. Cada unha para cada tres sobriños seus, machos; machiños, máis ben. Ás veces pechaba a porta e probaba a miña para cruzar o río Kwai ou sentirme un dos tres lanceiros bengalíes. O meu tío mimábaas por se algún dia cadraba ir a Montejurra, a Graceland dos carlistas. Convidoume cando eu sumaba dez anos, cando os desnudos e os mortos. A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]