Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 mai 2012

O DÍA NO QUE MORRERON OS ANOS 80

DadsCameras2

CRUCEIME o domingo con Mark Knopfler, o sultán do swing. Estaba tocando a guitarra na rúa do Doutor Fleming, en Lugo. Esa vía é bastante hixiénica polo da penicilina, pero o músico escocés debe de ser peculiar e arrimárase a un contedor de lixo inorgánico. Confeso que non comentei a noticia no meu xornal. Agardo que non se informen. Calei porque xa estivera a piques de cambiar dúas páxinas preparadiñas para voaren vía satélite ata a planta de impresión, na madrugada dos arrabaldos da cidade. A conta oficial de Umberto Eco anunciara en italiano, inglés e español o pasamento de García Márquez. Como escritor nunca me atraeu. Abúrreme o seu xeito previsible e limpo de narrar. A maiores, son bastante nugallán para Hispanoamérica e as súas pelexas de galos, pero aos lectores de El Progreso tanto lles ten. Umberto Eco daba a noticia por Twitter na mala hora, a iso das dez, cando na redacción xa estás agoniado pola dubida de se vas cear unha ensalada ou algo axeitado a unha dixestión occidental. Eco citaba a autoridade de Vargas Llosa. Ben me estranou porque sei que ambos escritores latinoamericanos rifaran coma galos. Non tardaron outros en desmentir a nova, en desvelar que era tan falsa coma ese Mark Knopfler apoiado nun contedor de lixo. Non era exactamente o músico, senón unha foto súa da que algúen se desprendera anunciando que, na súa casa, morreran os anos 80.

Photo: My dad's cameras. S. Williams

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité