vendredi 18 mai 2012

O DÍA NO QUE MORRERON OS ANOS 80

CRUCEIME o domingo con Mark Knopfler, o sultán do swing. Estaba tocando a guitarra na rúa do Doutor Fleming, en Lugo. Esa vía é bastante hixiénica polo da penicilina, pero o músico escocés debe de ser peculiar e arrimárase a un contedor de lixo inorgánico. Confeso que non comentei a noticia no meu xornal. Agardo que non se informen. Calei porque xa estivera a piques de cambiar dúas páxinas preparadiñas para voaren vía satélite ata a planta de impresión, na madrugada dos arrabaldos da cidade. A conta oficial de Umberto Eco anunciara... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]