
Un redactor vellote, deses que aínda calzaban zapatillas pola redacción e nunca sabían a mesa na que pousaran a cabicha, sinaloume a parte boa do meu contrato profesional: empezarás a traballar a mediodía e a túa primeira obriga será ler o periódico. Era 1993, a xente aínda tiña que ir ao quiosco e pagar 100 pesetas ou agardar quenda no café para poder lelo. Dende logo, ninguén entraba a traballar co sol chantado en vertical. Como vou tarde para o xornal e o sistema educativo abeira aos meus cativos dende as nove da mañanciña e ás...
[Lire la suite]