Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 mai 2012

A NOITE DOS COITELOS AFIADOS

Un amigo meu fai por comer uns anacos de pan ou algo gastromicamente igual de inane antes de xantar. Se cadra, cando o ves devorando miga antes dunha proposta marabillosa para o padal, sorpéndeste. El logo explica que, se come con fame, non goza. O argumento queda pechado a que llo rebatas cando che razoa que as gañas provocan o acto físico de saciar, que se acomete con présas e mesmo certa violencia xestual. Por riba dese nivel, sitúa a gula coma unha sensación elevada e sabia de quen come polo pracer de saborear os pratos. A gradación que establece vai de engulipar para manternos no mundo a deleitarse coa comida para reforzar a conciencia hedonista de que estamos no mundo. El aposta por aproveitar o que nos ofrece o medio na proporción na que nolo permitan Bankia e os consellos de ministros dos venres.

Chef-Andoni-Luis-Aduriz-007Toda esa achega de raciocinio que lle escoitei tantas veces ao meu amigo, rebótame agora nun eco amasado por Andoni Aduriz. «Comemos cultura, saboreamos leis, inxerimos propósitos, bebemos artesanía e paladeamos razoamentos que, ademáis, fanos sentir vivos», comenta o cociñeiro que, se se pon en modo metafísico é porque vén de que publicar un ensaio ben saboroso xunto con filósofo Daniel Inneraty.

O restaurador aínda é quen de empuxar o discurso un pouco máis arriba: «A miña cociña é un laboratorio con delantal e as mesas ás que sentan os nosos comensais se converten, así, en probetas de ensaios sociais emocionais».

Non está mal, pero todo isto xa o adiantou o futurista Filippo Tomasso Marinetti. A maiores do meu amigo, quero dicir. Marinetti preconizaba unha cociña concibida dentro dun movemento global que persegue os mesmos obxetivos que coa pintura ou coa arquitectura. El explicábao ao seu xeito: « Ata o de agora, os homes  alimentáronse como as formigas, as ratas, os gatos ou os bois. Connosco, os futuristas, nace a primeira cociña humana, tamén chamada a arte de alimentarse. Como todas as artes, exclúe o plaxio e esixe orixinalidade e creatividade».

Ignoro se Aduriz sabe da teoría de Marinetti, pero o que defende vai encarreirado pola mesma filosofía. Ese nivel teórico no que se manexa para cociñar é o que animou a Restaurant a situalo como o mellor cociñeiro do mundo por moito que lle manque a Martín Berasategui. Este afiou o coitelo para atacalo polo entronamento, pero engánase de obxectivo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité